GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 19 de noviembre de 2014

20 de novembro: DÍA DOS DEREITOS DO NENO



Os Dereitos da Infancia... papel mollado...?

No Día Internacional dos Dereitos da Infancia queremos lembrar ós recentes Premios Nóbel da Paz: a nena paquistaní Malala Yousafzai e o indio Kailash Satyarthi. Dúas persoas exemplares que nos demostran que a vida é moi difícil para algúns nenos. 

O Comité Nóbel valorou, no caso de Malala, o ter loitado, pese á súa xuventude, polo dereito das nenas á educación, e por demostrar que, co seu exemplo, os nenos e mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións. E isto o ten feito de xeito heroico, xa que sufríu un atentado por parte dos talibáns que a punto estivo de lle custar a vida.

Pola súa banda, Kailash Satyarthi, era un informático indio que, con 28 anos, decidíu abandonar os ordenadores e pasar a denunciar ás multinacionais que, no seu país, explotan a nenos menores de 12 anos. Tomando como modelo as manifestacións pacíficas de Gandhi conqueríu liberar da escravitude a máis de 80.000 nenos de máis de 160 países. 

Por último... sabedes que onte, 19 de novembro, se celebrou o Día Mundial do Retrete...? Sabedes que, en moitos países do mundo, as persoas (e os nenos e nenas) non teñen intimidade para ir ó baño, e que iso failles máis vulnerables ó maltratato e ós abusos...?

Pois botade contas. Aquí tendes os dez Dereitos da Infancia. Non credes que hai moito que mellorar...?





No hay comentarios: