GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 28 de noviembre de 2014

13 CURIOSIDADES DE 13 FAROS



Contadas polos alumnos e alumnas de 6º B.

No seu derradeiro Venres de Viva Voz no noso centro, os rapaces e rapazas de 6º B cóntannos curiosas historias de trece faros ubicados en distintas localizacións no mundo.

Parabéns!



Imaxe: JOSÉ RAMÍREZ RUÍZ. Amanecer desde lo alto de un faro. Wikimedia Commons. CC BY SA.


jueves, 27 de noviembre de 2014

BAÑISTAS GALEGAS DE ONTE



Un interesante tema proposto polos alumnos e alumnas de 6º A.

No seu Venres de Viva Voz, os alumnos e alumnas de 6º A sorprendéronnos cun tema descoñecido para nós: o nome que recibían as bañistas galegas do interior que acudían á costa para tomar as augas.

Parabéns!



Imaxe: RENOIR. Las grandes bañistas. Dominio público. 

martes, 25 de noviembre de 2014

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO



A ciencia, a lingua que nos une.

O pasado xoves día 20 de novembro os rapaces de 5º e 6º de Primaria poideron gozar dunha marabillosa visita: os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.S.O do IES República Oriental do Uruguai acudiron ó noso centro para compartir connosco os resultados dos seus experimentos.

Baixo a supervisión de Maite (profe de Bioloxía) e de Carmen (profe de Física e Química) e pertrechados coas súas batas brancas, os mozos explicaron con grande profesionalidade algúns dos seus traballos: estalactitas e estalagmitas caseiras, unha demostración da respiración pulmonar, a chuvia áceda, a formación de volcáns mariños, o campo magnético terrestre...

O desgaste foi grande. Por iso, á hora do recreo compartiron uns refrescos no comedor.

A cita foi a ocasión, para os mestres do cole, de nos sentir moi orgullosos do ramillete de ex-alumnos e ex-alumnas que viñeron compartir connosco os seus coñecementos e o seu saber facer. E ese esforzo merecía un premio. Por iso, Olga, a nosa directoria, entregoulles uns sinxelos agasallos polo seu esforzo.



Todo resultou unha ocasión estupenda para festexar que este novembro, que xa está a piques de rematar, ademais de ser o mes da Tradición Oral, tamén é o Mes da Ciencia en galego. 




Moitas grazas, chicos! E moitas grazas, Maite e Carmen, pola vosa dispoñibilidade, a vosa colaboración (a pesar da dor de lumbago) e o voso entusiasmo!

UNHA VOLTA Ó MUNDO A TRAVÉS DOS MAPAS


O mundo depende do mapa co que se vexa.

O venres pasado, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria disfrutaron dun obradoiro que formaba parte da campaña Impórtanos!, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade.

Este obradoiro comezou cunha presentación moi interesante, onde os nenos e as nenas puideron ver as grandes diferenzas económicas que existen entre uns paises e outros. A riqueza está moi mal repartida. E, para verificalo, non hai máis que ver o mundo dende outra óptica: empregando o mapa de Peters en lugar da tradicional proxección de Mercator

A continuación, os rapaces fixeron xogos cos que se deron conta de que o reparto de riquezas é moi desigual: se uns teñen moito é porque outros teñen pouco. 


Concluímos falando da importancia das ONG, que poden axudar a sensibilizar sobre estes problemas.






Imaxe: STREBE. The world on Gal - Peters projection. En Wikipedia. CC BY SA.  

25 de novembro



Día Internacional contra o Maltrato. 

E, como cada ano, ademais das actividades de sensibilización, elaboramos o noso mural. Aquí o tendes, lucindo no corridor de Primaria.

domingo, 23 de noviembre de 2014

O MALTRATO SI É COUSA DE NENOS

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra o Maltrato de Xénero. 

Ogallá poideramos preservar a todos os nosos nenos e nenas desta lacra. Pero as víctimas do maltrato non son só as mulleres adultas. Recentemente, a UNICEF ofrecíanos estas terroríficas cifras:

      • cada dez minutos morre unha adolescente no mundo como consecuencia dalgún tipo de violencia;
      • uns 70 millóns de nenas de entre 15 e 19 anos teñen declarado sufrir algún tipo de violencia física;
      • 84 millóns de adolescentes de entre 15 e 19 anos están casadas e sufren violencia emocional, física ou sexual por parte da súa parella ou marido; 
      • sobre 120 millóns de nenas menores de 20 anos en todo o mundo foron víctimas dalgún tipo de acto sexual;
      • sete de cada dez nenas de entre 15 e 19 anos que teñen sufrido abusos físicos ou sexuais nunca pediron axuda porque crían que o seu non era un caso de abuso e non o consideraban un problema. 

Que quere dicir isto...? Os nenos son tamén víctimas do maltrato. Pero tamén precisan ser educados para prevenilo

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller, coa intención de educar ós máis cativos contra a ciberviolencia de xénero, ten proposto a creación dun tapiz humano, no que participarán rapaces de Secundaria de diferentes centros da nosa cidade. Tamén teñen creado unha páxina web con moita información sobre a ciberviolencia

Nas nosas mans, nas dos cativos e as cativas, está erradicar esta lacra da nosa sociedade. Convidámosvos a vos informar neste enlace: 


UNHA TARDE DE CONTO ESPECIAL


O pasado martes, a nosa sala de contos estivo a rebosar.

Porque, da man de María Oliveira (de Música, Arte y Desarrollo) familias enteiras acudiron a unha sesión de Musicoterapia. Dende recoñecemento de sonidos ata relaxación con cuncas tibetanas. Mágoa non poder estar alí para participar...!

XOGOS PARA TODOS


A segunda parte do Magosto. 

O día posterior a San Martiño (12 de novembro) celebramos o Magosto no cole, e degustamos as marabillosas castañas asadas con tanto cariño para nós polo señor Manolo, o noso antigo conserxe.

O mal tempo, sen embargo, impedíu celebrar os xogos tradicionais que os profes de Educación Física tiñan preparados para nós.

Por fin, o pasado luns (17 de novembro) saíu o sol. E, despois do recreo, todo o alumnado (e tamén o profesorado) de Primaria disfrutou dos xogos e da diversión.

E para que comprobedes o ben que o pasamos, aquí tendes as fotos:




A NOVA DA SEMANA DOS RAPACES E RAPAZAS DE 2º B


Cinco titulares e cinco subtitulares. 

Cun pouco de retraso, achegámosvos o programa dos nenos e nenas de 2º B



miércoles, 19 de noviembre de 2014

20 de novembro: DÍA DOS DEREITOS DO NENO



Os Dereitos da Infancia... papel mollado...?

No Día Internacional dos Dereitos da Infancia queremos lembrar ós recentes Premios Nóbel da Paz: a nena paquistaní Malala Yousafzai e o indio Kailash Satyarthi. Dúas persoas exemplares que nos demostran que a vida é moi difícil para algúns nenos. 

O Comité Nóbel valorou, no caso de Malala, o ter loitado, pese á súa xuventude, polo dereito das nenas á educación, e por demostrar que, co seu exemplo, os nenos e mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións. E isto o ten feito de xeito heroico, xa que sufríu un atentado por parte dos talibáns que a punto estivo de lle custar a vida.

Pola súa banda, Kailash Satyarthi, era un informático indio que, con 28 anos, decidíu abandonar os ordenadores e pasar a denunciar ás multinacionais que, no seu país, explotan a nenos menores de 12 anos. Tomando como modelo as manifestacións pacíficas de Gandhi conqueríu liberar da escravitude a máis de 80.000 nenos de máis de 160 países. 

Por último... sabedes que onte, 19 de novembro, se celebrou o Día Mundial do Retrete...? Sabedes que, en moitos países do mundo, as persoas (e os nenos e nenas) non teñen intimidade para ir ó baño, e que iso failles máis vulnerables ó maltratato e ós abusos...?

Pois botade contas. Aquí tendes os dez Dereitos da Infancia. Non credes que hai moito que mellorar...?





martes, 18 de noviembre de 2014

HOXE SALTOU A CHISPA


E constatamos que os nosos alumnos e alumnas aprenden a aprender. 

Hai veces que os flacos resultados das nosas propostas didácticas nos desaniman. Noutras ocasións, coma esta, sentímonos moi ditosos de ter contribuído a que, na cabeciña dos nosos rapaces, soe un "clic". E iso foi o que aconteceu hoxe.

Estabamos na aula de 6º B, facendo búsquedas na OPAC de Meiga cos ultraportátiles, de cara a documentarnos para o noso PDI.

A tarefa estaba explicada. E... de súpeto, sen que ninguén fixera mención... comezaron a aparecer as fichas da C.D.U. traballadas en sesións anteriores.

Hai uns cantos anos diriamos que os nosos alumnos estaban a transferir coñecementos. Hoxe pensamos que, talvez, estean aprendendo a aprender.

PASIÓN POR LER...



... ata as bágoas. 

Un bo amigo meu comeza sempre as súas historias dicindo: hai sucesos e hai sucedidos. Pois isto que vou contar é un sucedido que aconteceu no noso colexio vai facer quince días, o venres no que comezaban en Santiago as Xornadas de Bibliotecas Escolares.

O dito sucedido tivo lugar despois do recreo. E a protagonista foi Alba, unha alumna de 4º A. A Xefa de Estudios atopouna chorando desconsoladamente, cun libro entre as mans, no corridor situado enfrente da Biblioteca. Cando lle preguntou que ocurría, a nena, sollozando, expuxo que tiña que devolver un libro, e que se esquecera de facelo durante o recreo.

                        - E agora... a Biblioteca está pechada, exclamou a nena.
                        - Non te preocupes, respostou a Xefa de Estudios. Déixasme o libro a mín e eu o devolvo.
                     
E Alba continuou:

                        - Pero... é que así... non teño libro para ler durante a fin de semana...!

O dito. Auténtica pasión por ler.

Imaxe de Dominio Público

domingo, 16 de noviembre de 2014

OS MESTRES FINLANDESES COÑECEN A NOSA BIBLIOTECA



E coñecen algo sobre nós. 

Durante o primeiro día da súa visita, Lili, Riina, Tuula e Jani pasaron parte da súa estancia na nosa Biblioteca. Alí intercambiamos informacións sobre os nosos respectivos sistemas educativos. E tamén compartimos con eles as claves do noso Plan Anual de Lectura. Quedaron moi impresionados coa fenomenal resposta das familias.

Nesta ocasión, nun mar de linguas, conseguimos que o inglés puxera en comunicación dous pobos para os que o mar é moi importante: Galicia e Finlandia.









viernes, 14 de noviembre de 2014

COÑECE OS PRINCIPAIS TITULARES DO DÍA




Seleccionados esta semana polos nenos e nenas de 2º B. 

Preme na imaxe para coñecelas máis polo miúdo.

jueves, 13 de noviembre de 2014

REPASO POLAS DISTINTAS SECCIÓNS DA PRENSA




Cos alumnos e alumnas de 2º A.

Para a súa Nova da Semana, os nenos e nenas de 2º A fixeron unha exhaustiva análise das distintas seccións da prensa diaria. Aquí está o resultado deste fantástico traballo:


miércoles, 12 de noviembre de 2014

FACENDO BÚSQUEDAS EN E-JUNIOR

Un recurso electrónico ó alcance dos usuarios da nosa Biblioteca.

O Programa Meiga ofrece unha serie de recursos electrónicos de interese. Tal é o caso da enciclopedia virtual e-Junior, que resulta unha ferramenta moi útil para o alumnado de Primaria.

Coa intención de que os nosos nenos e nenas atopen información de cara ás súas tarefas de investigación e aprendan a ser máis autónomos, temos elaborado este sinxelo titorial.





martes, 11 de noviembre de 2014

A CLAVE DE COLÓN




As biografías de Cristóbal Colón están cheas de incógnitas.

A teoría galega, amplamente documentada, da resposta a moitos interrogantes, e remata cunha conclusión sorpresiva: Cristóbal Colón non é outro que o nobre Pedro Álvarez de Soutomaior, o famoso Pedro Madruga.

Todas as probas, neste vídeo titulado: La clave de Cristóbal Colón. El noble gallego que descubrió América. 

Non perdades detalle!

OS FENICIOS E AS CASITÉRIDES




Unha historia que fala de comercio e de lugares de lenda.

Os nenos e nenas de 1º curso investigarán este curso sobre os fenicios, no marco do noso PDI deste curso: Un mar de linguas.

Xa que estamos en novembro, mes da Tradición Oral, que menos que falar das míticas illas Casitérides. Este audio servirá, ademais, para traballar a Comprensión oral.

NOVEMBRO: MES DE CASTAÑAS E PORCO



Polo San Martiño...

Castañas e viño! Ou... A cada porco lle chega o seu San Martiño!

Esta semana, o martes, celebramos o San Martiño, esa festa tan tradicional na nosa terra. No cole (se o tempo o permite) teremos magosto e comeremos castañas. 

Pola súa banda, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, ten organizado esta semana unha campaña de promoción e exaltación do porco ibérico. 

Pois como tamén é tempo de porco, e porque se trata de ler diferentes tipoloxías textuais, aquí vos deixamos estes materiais: 
Se vos animades... poderíades traer a mostra...!

Feliz San Martiño!


domingo, 9 de noviembre de 2014

A SEA OF LANGUAGES



Next week some teachers from Finland are coming to visit our school. So we will explain them our Reading Annual Project

Are you new at school?

If so, you will need a brief introduction to our activities here.
      • Reading hour: Everyday all of our students have 20 minutes free readingtime.
      • Library hour: Once a week, each class goes to the library to do activities to learn how to use the library or work on our project.
      • Library blog: On the library blog you will find the library catalogue, the national news and interesting new activities and links for members of the family. An authentic virtual library.
      • Equal opportunity plan: In order to facilitate access to information and the internet, the library will stay open for students and their families on weekday afternoons during the extracurricular activities timetable (4pm-6pm).
      • Travelling rucksacks: These are our idea to encourage family reading time. A selection of carefully chosen books, music and films which you can enjoy for ten days.
      • Speaking Fridays: On Fridays, we dedicate 20 minutes to reading out loud so that our students are competent in linguistic communication and are able to express themselves with oral fluency. They prepare poem and story recitals or presentations about subjects theyve been studying.
      • Story afternoons: Once a week during the extracurricular activities timetable, teachers, parents, grandparents or students tell the children a story. This proposal is to help conserve oral tradition and to emphacise the importance of reading together as a family.
      • News of the week: Each week, a group of students investigates something from the news often via a podcast (radio on the internet).
      • News of the day: In order to prepare the news of the week, the group of students examine the daily press and choose a title for the library blog via an application specifically designed for this means.
      • Weekly loans: Each class is assigned a time each week to go and borrow books and on Fridays during break time, there is a specific time for going to borrow books and materials.
      • Reading club: We create reading clubs for the students within the school as well as with other schools in the city (IES Oriental Republic of Uruguay).
      • Recommendation blog: A blog to spark interest in reading, writing and commenting on books. The entire school community can participate - families, teachers and students.

A LENDA DO BISPO SANTO




Unha historia vencellada á comarca de Foz e ás invasións vikingas.

Novembro é o mes da Tradición Oral. Por iso, na nosa Biblioteca adicamos algúns intres a este tema, tan rico e descoñecido no noso país.

En relación co noso PDI deste curso (A lingua sabe a mar) existen algunhas lendas. En concreto, en relación cos vikingos (o tema de estudio do alumnado de 2º curso de Primaria) existe unha fermosa lenda na comarca de Foz, protagonizada polo bispo Don Gonzalo.

A historia está citada por Álvaro Cunqueiro no artigo titulado Algunos milagros en la mar, recollido no libro Fábulas y leyendas de la mar. Para achegala ós rapaces temos elaborado unha adaptación presentada con dous recursos diferentes: unha presentación



e este audio:


E agora... tócavos investigar con esta ficha de traballo.


Imaxe: GBLOQUENDOX00BLACK. Barco vikingo. En Wikimedia Commons. CC BY


sábado, 8 de noviembre de 2014

FIN DE SEMANA BIBLIOTECARIO




Nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. 

Semella que os venres todo o mundo ten présa por rematar a semana laboral... Pero esta semana, para nós, rematou o sábado pola noite. Para nós (as profes Elisa, Luz, Montse e Mónica) e para o millar de mestres bibliotecarios que estivemos participando nas Xornadas en Santiago, no Pazo de Congresos.

Unhas horas para aprender, para compartir, para tomar ideas, e para reecontrarnos con moitos amigos e amigas.

Xa iremos contando máis polo miúdo. Polo intre, damos as grazas ós organizadores (Cristina, Pilar, Leonor, e os asesores de todos so CFR de Galicia que se achegaron a Santiago para botar unha man) e deixámosvos algunhas fotos.







OS TITULARES DA XORNADA DE 2º A



Preme na imaxe para coñecer a selección máis polo miúdo. 

miércoles, 5 de noviembre de 2014

"A LINGUA SABE A PAN", OUTRA VEZ NOVA




Cando xa estamos a comezar o noso segundo PDI dende entón. 

Na revista Magisterio deste mes, o noso proxecto ocupa unha páxina íntegra, a raíz da entrega dos Premios Nacionais, o pasado mes de xuño, en Madrid.

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó contido.

Grazas á revista Magisterio polo seu interese no noso PDI!

martes, 4 de noviembre de 2014

COMEZAN AS TARDES DE CONTO



Puntuais, co mes de novembro.

Como cada ano, co mes de novembro (o mes da Tradición Oral) comezan as Tardes de Conto. Hoxe, malia o repentino tempo frío e desagradable, a representación foi nutrida.

Enlazando coa recente festa do Samaín, o noso compañeiro Alejandro (alumno de 5º A) contounos algunhas narracións do libro Historias de miedo para leer en Halloween. E, para rematar, as nais encargadas organizaron un obradoiro de maquillaxe.




Como vedes... comezamos con forza!

lunes, 3 de noviembre de 2014

O PESCADOR PELEIRIÑO...



... E outros poemas vencellados co mar no noso Venres de Viva Voz.

Tocoulles o turno ós rapaces e rapazas de 4º B. E o fixeron recitando fermosos poemas sobre o mar. Entre eles, o Romance do pescador peleiriño, de Xosé María Álvarez Blázquez.



Imaxe: Wilfredo R. Rodríguez H. Estatua el Pescador. En Wikimedia Commons. CC BY SA