Para a súa Nova da Semana correspondente á semana do 3 ó 7 de febreiro, os nenos e nenos de 1º A (coa súa profe Nieves) desenvolveron un magnífico traballo en torno á prensa.
Fixeron acopio dos xornais do centro e empezaron a desmontalos. E, así, entre titular e titular, decidiron que a nova máis salientable era a sucesión de temporais que vimos padecendo.
Logo fixeron un seguemento deste tema ó longo da semana, recortando os titulares e explicando o contido coas súas palabras (boa tarefa de comprensión lectora e expresión escrita). Todo quedou reflectido nun mural que reproducimos a continuación.
Por último, gravaron o seu programa de radio. Aquí está o resultado.
Como vedes, un magnífico traballo que demostra que, cando temos as ideas claras, un simple periódico pode ser o mellor libro de texto.
Parabéns, chicos... (e profe)!

2 comentarios:
Grazas a estes nenos e nenas por resumirnos tan ben a actualidade. Parabens!
No nome dos nenos e da súa profe, grazas, Mónica. Un bico.
Publicar un comentario