Viaxamos a Sudamérica con Luamy e a súa nai.
O pasado martes día 11 Luamy e Rebeca, a súa nai, foron as protagonistas da nosa Tarde de Contos.
Achegáronse onda nós cunha lenda quechua na que se narra a razón pola que a lúa e o sol se turnan no firmamento. Titúlase A lúa e o sol casan.
Como vedes, ambas as dúas chegaron ben equipadas: ademais dos libros, trouxeron murais con información sobre Uruguai e diversos obxectos e produtos típicos deste país.
O numeroso público participou logo nun obradoiro.
Grazas por nos facer pasar unha tarde tan divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario