Dende sempre, o amor ten sido un tema recurrente na literatura de todas as idades. Por tal motivo non queremos deixar pasar desapercibido un día que ten xerado tantas e tan fermosas páxinas.
Dende o CPI de Mondariz, os nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos comparten connosco esta historia de Daniela Kulot tituladada Crocodilo namorado.
Por outra banda, no noso cole estamos a desenvolver este curso o PDI titulado A lingua sabe a mar.
É ben coñecida a relación entre mar, poesía e amor. Por tal motivo, temos feito unha selección de Poemas de mar e amor.
Por último, o mar e o amor teñen inspirado preciosas e apasionadas historias que se teñen convertido en famosas melodías. Remitímosvos ó blog da Aula de Música para coñecelas. (Preme neste enlace).
Feliz (e poético) Día dos Namorados!

No hay comentarios:
Publicar un comentario