O martes día 4 de febreiro estivo acompañado por "Petra", esa cicloxénese que nos deixou a todos mollados e sen paraugas.
Pero, aínda así, o contacontos estivo a rebosar. E con razón: porque estiveron connosco Silvia, Elisa e a súa nai (Anna) a nos contar contos rusos.
Dous preciosos contos: unha fábula sobre a zorra e o kalabok (un pan redondo) e un conto encadeado en torno a un nabo.
A sesión estivo acompañada por unha colección de matrioschkas, e aderezada coa degustación dun postre típico parecido ás filloas.
Rematou a sesións de contos cun obradoiro no que pintamos as nosas propias bonecas rusas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario