A nosa alumna Alexandra, de 1º A, fíxonos un precioso agasallo con motivo do Día do Libro: un libro escrito por ela no que relata a súa primeira experiencia bibliotecaria no noso Centro. Unha experiencia que, sen dúbida, resultou impactante para ela, xa que lembra con todo detalle o que alí sucedeu.
Por outra banda, poderedes comprobar que é unha grande lectora, e que está moi ben formada como usuaria.
Moitas grazas, Alexandra...! E a continuar escribindo historias!

3 comentarios:
Esta si que é unha historia ben contada! Noraboa a Alexandra por ese fermoso agasallo que fixo á biblio.
Ánimo e a seguir escribindo así de ben. Ao mellor dentro duns anos temos que chamarte para que nos asines os teus libros...
Con agarimo dende a Biblio Xoán Farias.
moi bonito Alexandra fixeches un traballo moi bo e ben sei toda a ilusión que puxeches nel.
moi ben Alexandra fixeches un bo traballo e ben sei toda a ilusión que puxeches nel.un bico miña nena.
Publicar un comentario