Cun pouco de retraso, por fin accedemos ós vídeos. E queremos darvos a coñecer, en primeiro lugar, a Conferencia Inaugural deste profesor de Semiótica na UAB e na Universitat Pompeu Fabra.
Por que vos aconsellamos o seu visionado?
- Porque Fabio Tropea é un grande comunicador.
- Porque demostra unha enorme cultura e unha constante inquietude por cuestionarse o por que das cousas.
- Porque manifesta un grande sentido do humor.
O título da ponencia era: Ler entre liñas e pantallas. Estratexias de lectura crítica na era de Internet.
As ideas principais do seu discurso foron:
- Existe unha inspiración mutua entre libros e media. Internet, pois, non é o ocaso da escritura.
- Na visión da colectividade, libro é sinónimo de cultura, e unha ferramenta para escalar posicións e ascender socialmente.
- É necesario revisar o concepto imperante de Comunicación (Emisor - Mensaxe - Receptor). O que importa na comunicación é o sentido.
A súa conclusión, fermosa:
Evitemos que o silencio sexa o que máis se vexa nunha biblioteca. Potenciemos a Blablateca: o lugar onde o contido non é o rei, senon a comunicación.
Convídovos, pois, a que disfrutedes desta conferencia (podedes saltar o vídeo ata o minuto 11:30).

No hay comentarios:
Publicar un comentario