Hoxe, xoves 25 de marzo de 2010, un grupo de pais e mestras do noso Centro reunímonos para aprender sobre a película Kirikú y la bruja, de Michel Ocelot.
Contamos para iso cunha intervención de luxo: Carmen Pereira, profesora da Universidade de Vigo especialista en Educación en Valores. Para saber máis sobre ela e sobre o seu traballo, podedes consultar a súa páxina web neste enlace.
Tras o visionado da cinta, iniciamos un diálogo grazas ó cal descubrimos un montón de temas susceptibles de ser traballados en familia e co noso alumnado: a solidariedade, a importancia do grupo, as faladurías, os prexuízos, a necesidade de dar ós cativos bós exemplos que podan imitar, a necesidade de que deixemos liberdade ós nenos e nenas para crecer de xeito creativo, sen sobreproteccións...
Aquí tendes algunhas pistas para traballar esta e outras películas, e para coñecer África un pouco máis polo miúdo:
- Os valores do cine de animación. Propostas didácticas para pais e educadores.
- Cine e multiculturalidade.
- Invisibles (documental integrado por cinco curtametraxes, galardonado cun Premio Goya).
- Pinceladas sobre a música africana.
E aquí, algunhas imaxes desta actividade tan familiar e entrañable:
Os europeos, en moitas ocasións, cremos que non temos nada que aprender dos países en vías de desenvolvemento. Nada máis lonxe da realidade! En África existen un sinfín de valores que nós hai tempo que temos perdido.
A continuación atoparedes unha curtametraxe de grande beleza e de enormes posibilidades educativas: Binta e a gran idea, dirixido por Javier Fesser. Binta e a gran idea estivo nominada ó Oscar 2007 como mellor documental.
Binta y la gran idea from dburgui on Vimeo.
A distancia e o descoñecemento fan que, en moitas ocasións, teñamos unha idea deformada da vida en África.
Do mesmo xeito, as imaxes da prensa e da televisión contribúen a que os africáns teñan unha visión idealizada da vida en Europa, o que, ás veces, lles anima a correr grandes perigos para saír dun mundo sen esperanza.
A viaxe de Saíd é unha fantástica curtametraxe (galardonada cun premio Goya no ano 2007) que abunda nesta visión idealizada. Está dirixida por Coke Rioboo:

1 comentario:
ACTIVIDADES COMO ESTA ENSÍNANNOS MOITÍSIMO. MOITAS GRAZAS.
Publicar un comentario