GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 5 de marzo de 2010

AS LINGUAS, FERRAMENTAS PARA A COMUNICACIÓN



Hoxe, venres 5 de marzo, tivemos no cole unha visita moi especial: a nosa amiga Sabela, que, a pesar da súa xuventude, ten ben claro o que quere chegar a ser: nada máis e nada menos que Traductora na O.N.U.

Seguindo co noso Proxecto Documental Integrado (Un cole, un libro: o mundo!), que mellor que gozar de alguén apaixoado polas linguas?

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º curso de Primaria disfrutaron dunha sesión extra de Inglés, cargada de anécdotas sobre a vida de Sabela nos Estados Unidos. I é que... as linguas, serven para nos comunicar, para coñecer outras culturas, e para unir... nunca para separar!

Grazas, Sabela, e sorte na túa nova andaina!




No hay comentarios: