Atopamos esta imaxe aquí
Todavía somnolentos, comenzamos a mañán coa triste nova do pasamento de Miguel Delibes, grande mestre das Letras Españolas.
Foise de mañanciña, cando a luz do novo día apagaba o resplandor da derradeira estrela, e cando finos copos de neve comenzaban a alfombrar as rúas de Valladolid, a súa cidade natal. Fermosa e sinxela forma de marchar, como de puntiñas. A natureza, á que tanto amaba, pareceuse conxurar para facer deste un intre máxico, inesquecible. Máxico e sen excentricidades, porque así de sinxelo era Miguel Delibes.
Que grande que, cando alguén remata a súa vida, todo o mundo, unanimemente, poda dicir sobre el: "era un home bo"! Así era el: un home bo, do pobo, un "periodista metido a escritor", un narrador de pluma sinxela, un cantor da súa terra e das xentes da súa terra: Castela.
Adoitaba dicir: "para ser escritor non tes que ter estudiado en París nin ter lido o Quixote".
Como mestres implicados na tarefa de facer ler e escribir ós nosos alumnos e alumnas, paréceme un magnífico consello, e unha grande lección. Aproveitemos o que vivimos, o que somos, afeccionémonos a escribilo!
Fagamos uso de todos os medios ó noso alcance: a pluma e o papel, como non! Pero tamén as novas tecnoloxías, ás que Miguel Delibes, cos seus 90 anos, non renunciou!
Aquí podedes velo e escoitalo presentando a súa páxina web:
E como se trataba dun home sinxelo, despidámonos del só con dúas palabras. Coas súas propias palabras, sinxelas, fermosas, tenras:
MILANA BONITA

No hay comentarios:
Publicar un comentario