GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 19 de marzo de 2010

O XOVES, VIDEOFORUM PARA PAIS E NAIS


Continuando co noso Proxecto Documental Integrado, o vindeiro xoves 25 de marzo temos actividades para os adultos: unha sesión de videoforum para pais, nais e mestres.

Acompañaranos nesta ocasión toda unha experta na materia: Carmen Pereira Domínguez, profesora da Universidade de Vigo, a quen temos a honra e o pracer de coñecer, porque é quen de pór en práctica esa frase que ten elixido como lema da súa páxina persoal: Vivir con modestia, pensar con grandeza.

A partir do visionado da película Kirikú y la bruja (unha xoia do cine de animación) Carmen nos axudará a desentrañar todos os valores relacionados coa Interculturalidade.

Animámosvos a todos os adultos da nosa Comunidade Educativa (pais, nais, avós, avoas, mestres, mestras...) para que participedes nesta actividade. É un bo xeito de coñecernos mellor a nós mesmos e ós demais membros da Comunidade Educativa, e de traballar sobre os valores que tanto necesitan o mundo e o noso alumnado. 




Vémonos o xoves con Carmen, ás 16:30 horas!  

No hay comentarios: