GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 23 de julio de 2010

HISTORIA DA LINGUA GALEGA






No Día da Patria Galega, ben está lembrar a Historia da Lingua Galega, que, inevitablemente, sempre estará vencellada á Historia de Galicia.

Nestes tempos nos que o debate estéril e improcedente está a facer tanto dano ó galego, a nosa Lingua Nai, é de agradecer este traballo sinxelo, comprometido e contundente escrito e ilustrado por Pepe Carreiro.

Coñecino hai algúns meses grazas ó meu compañeiro Jose Maíllo, asturiano de nacemento e galego e vigués de adopción. Agora, por intermediación de Julia, do C.E.I.P. Mestres Goldar e compañeira do PLAMBE, temos a ocasión de disfrutalo en edición dixital. 

Que traballos coma este nos animen a ser agarimosos e comprometidos coa herdanza máis valiosa que temos recibido dos nosos devanceiros: a nosa propia lingua.





viernes, 16 de julio de 2010

NACHA E FAVERO: MOITO MÁIS QUE DOUS




Interrumpo as miñas (e as vosas) vacacións para facervos partícipes da beleza do espectáculo que vimos disfrutar: o concerto de Nacha Guevara e Alberto Favero titulado Mucho más que dos. 

E, realmente, foi así. Dúas persoas no escenario: a polifacética Nacha Guevara dominando maxistralmente todos os rexistros, e Alberto Favero ó piano, agarimando as teclas e creando un ambiente sobrecolledor. Ambos os dous enchendo o Teatro do Centro Cultural Caixanova como se foran a mellor e máis numerosa orquestra do mundo. 

E, sen embargo, non estaban sós: foron realmente moito máis que dous. Durante todo o recital sentimos a presenza de grandes poetas: Neruda, Bécquer, e, como non... Mario Benedetti!, de quen, incluso, poidemos escoitar a súa voz gravada en varias ocasións. 

Foron case dúas horas de bo gusto, de exquisitez, de sensibilidade elevada á máxima potencia (gustoume saber que non fora eu a única persoa que, nalgún intre, sentiu correr as bágoas polas meixelas), de poesía, de ARTE...

Nin o mellor vídeo pode compararse á emoción de vivir en primeira persoa un bo concerto. Sen embargo, permítome a licenza de vos deixar tres pezas, para mín, culminantes no concerto: Volverán las oscuras golondrinas, Yo te nombro, Libertad, e... Te quiero. Aínda que se trata de gravacións moi antigas, nas que Nacha estaba moi nova, espero que vos sirvan para "abrir boca" e non perder ocasión de disfrutar deste espectáculo se, algunha vez, retorna á nosa cidade. 




viernes, 2 de julio de 2010

CHEGA O VERÁN, E ENTRAMOS NUNHA NOVA DIMENSIÓN




Por fin chegaron as vacacións de verán!

É un tempo para descansar e para seguir aprendendo, aínda que non sexa na escola. Lendo, viaxando, mergullándonos noutras dimensións.

Deixámosvos aquí varias propostas:

Proposta 1: Da Segunda á Cuarta Dimensión



Víctor Pollán, do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), deunos a coñecer a película Dimensións, un paseo a través das matemáticas, premio d'Alembert 2010. Como aperitivo desta marabilla, podedes visualizar este trailer da mesma:




Non vos provoca curiosidade? Podedes ver a película completa neste enlace:


Proposta 2: Nestes días azuis, verdes, amarelos... non está de máis levar un libro no peto. 

Estas son as propostas dos expertos:



http://www.ourizoazul.org/Novidades/Novidades.htm


Proposta 3: Visita as Feiras do Libro que, estes días, sementan a xeografía do noso país.





jueves, 1 de julio de 2010

O QUE SEMENTA, RECOLLE



No Lar de Frianciño, o fin de curso é tempo de colleita.

Este foi un curso de moito traballo, de moita lectura e de moito aprendizaxe. Iso merece un premio.

Para rematar as súas actividades, no Lar de Frianciño repartimos agasallos para os alumnos e alumnas que máis se esmeraron nas súas recomendacións.

Aquí tendes as fotos deses intres:



lunes, 21 de junio de 2010

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO: A NOSA HOMENAXE A JOSÉ SARAMAGO



O pasado venres 18 de xuño, José Saramago, Premio Nóbel de Literatura,  "chegou onde lle esperaban".

Sirva este pequeno vídeo, que coñecemos a través de Carmela Vidal, do PLAMBE, como homenaxe a un grande humanista que soubo misturar maxistralmente a razón e o sentimento. 

viernes, 4 de junio de 2010

FESTA FIN DE PROXECTO




O pasado luns 31 de maio, finalmente, o tempo se puxo do noso lado, e poidemos celebrar a nosa Festa Fin de Proxecto. 

Foi un día de moito esforzo previo, de moita actividade. Pero, tamén, de ruptura respecto á rutina diaria, de ledicia e de convivencia entre toda a Comunidade Educativa.

Quixeramos poder expresar todos os sentimentos (e o cansanzo misturado cunha inmensa ledicia) que experimentamos cando rematou a longa, longuísima xornada. Non sei se seríamos quen de facelo con palabras. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámovos este enlace para que poidades disfrutar da xornada con decenas delas.

Coa Festa da Interculturalidade, puxemos fin ás actividades do noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un cole, un libro: o mundo!).

jueves, 3 de junio de 2010

MOVÉNDONOS CON ÁFRICA E CON AIDA


Esta última semana temos gozado da compañía dos amigos da Asociación Intercultural AIDA, que nos teñen axudado a coñecer África máis polo miúdo.

Grazas a Ana, a nai de Muriel, contactamos coa Asociación.

Só temos fermosas palabras para Pepain, Sidi, Mor e o resto de colaboradores, porque son quen de transmitirnos o mellor de África: a xenerosidade, a donación, o traballo en equipo...

A súa axuda foi enorme de cara á nosa festa de fin de proxecto (da que xa vos daremos conta máis polo miúdo):

  • emprestáronnos materiais e obxectos de África para a nosa Exposición de obxectos do mundo;
  • agasalláronnos cunha estupenda sorpresa: unha degustación de buñuelos e bissap, típica bebida do Senegal; 


  • por último, esta mesma mañán, Sidi e Mor estiveron cos alumnos e alumnas do Primeiro e Segundo Ciclos de Primaria, contándonos fermosas historias e tocando o djembé para nós. 
Aquí tendes a proba do ben que o temos pasado.





Unha vez máis, grazas a AIDA pola súa xentileza. Ogallá sexamos quen de transmitir o noso agradecemento dun xeito tan caluroso e inconfundible coma vós.