Por fin chegaron as vacacións de verán!
É un tempo para descansar e para seguir aprendendo, aínda que non sexa na escola. Lendo, viaxando, mergullándonos noutras dimensións.
Deixámosvos aquí varias propostas:
Proposta 1: Da Segunda á Cuarta Dimensión
Víctor Pollán, do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), deunos a coñecer a película Dimensións, un paseo a través das matemáticas, premio d'Alembert 2010. Como aperitivo desta marabilla, podedes visualizar este trailer da mesma:
Non vos provoca curiosidade? Podedes ver a película completa neste enlace:
Proposta 2: Nestes días azuis, verdes, amarelos... non está de máis levar un libro no peto.
http://www.ourizoazul.org/Novidades/Novidades.htm
Proposta 3: Visita as Feiras do Libro que, estes días, sementan a xeografía do noso país.
http://mas.farodevigo.es/agenda/actos/2670_1_0-inauguracion-de-la-xxxvi-feria-del-libro.html
Feliz e fructífero verán!!!





1 comentario:
Grazas polas recomendacións, aquí na casa todos temos un libro. Rematou o curso e todos dixemos: Que imos ler este verán!!!! Cando rematemos, buscaremos entre esta morea de suxerencias.
Grazs e feliz verán a toda a comunidade educativa!!!
Publicar un comentario