Foi un día de moito esforzo previo, de moita actividade. Pero, tamén, de ruptura respecto á rutina diaria, de ledicia e de convivencia entre toda a Comunidade Educativa.
Quixeramos poder expresar todos os sentimentos (e o cansanzo misturado cunha inmensa ledicia) que experimentamos cando rematou a longa, longuísima xornada. Non sei se seríamos quen de facelo con palabras. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámovos este enlace para que poidades disfrutar da xornada con decenas delas.
Coa Festa da Interculturalidade, puxemos fin ás actividades do noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un cole, un libro: o mundo!).

2 comentarios:
Seguro foi unha festa preciosa. Non hai nada mellor para celebrar o traballo ben feito. Parabéns!
Bo traballo, non hai máis que ver os resultados!! Enhoraboa, orgullosos de pertecer a esta comunidade educativa!!!
Publicar un comentario