GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 30 de noviembre de 2015

EXPERIMENTANDO A PROPULSIÓN CON AIRE



Cos alumnos e alumnas de 2º A. 

O alumnado de 2º A aprendeu moitísimo e pasouno bomba construíndo o seu propio coche de propulsión con aire. Este foi o experimento que presentaron ós seus compañeiros de nivel.


PREPARANDO UNHA FELICITACIÓN POLO NADAL



Con Explain Everything.

Este curso, para celebrar o Nadal, cada aula vai preparar unha felicitación en forma de vídeo. Só haberá unha condición: construíla con formas e figuras xeométricas. Para iso empregaremos a app Explain Everything.

Pero... antes de empezar... atención! Segue estes pasos:
    1. Pensa ben que queres facer e prepara as túas ferramentas (imaxes, figuras...).
    2. Cando o teñas feito, comeza a gravar. 
O seguinte titorial axudarache a coñecer a app: 




E aquí deixámoste un exemplo elaborado deste xeito e explilcado paso a paso: 



Estamos desexando ver as vosas obras mestras...!

TINGUINDO FLORES



O experimento de 3º A.

Durante o seu experimento, os nenos e nenas de 3º A demostraron como tinguir flores.



APRENDENDO A CRUZAR A RÚA



Cos alumnos e alumnas de 2º A.

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 2º A cántannos unha canción, e, de paso, dannos algúns consellos para atravesar a rúa.


domingo, 29 de noviembre de 2015

APRENDENDO A FACER NEVE ARTIFICIAL



Cos alumnos e alumnas de 5º B.

No mes da ciencia, o alumnado de 5º B aprendeunos a facer neve artificial.



BLACK FRIDAY



A Nova da Semana.

Os alumnos de 6º A foron os encargados de analizar a Nova de Semana. E, como non, destacaron o Black Friday que se celebrou o venres 27, aínda que en numerosos negocios extendeuse durante os días precedentes e posteriores.


Imaxe: PURPLE SLOG. Black Friday graphic.  En Flickr. CC BY

XOGANDO Ó FÚTBOL CON FRIANCIÑO...



... descubrimos as matemáticas!

O noso compañeiro Diego (5 anosB) foi entrenar, a semana pasada, con Frianciño. Fixádevos no que nos conta:

Ola! Aquí están as miñas fotos!

Nos deportes temos moitas formas xeométricas.
A portería no campo de fútbol do Colexio Hogar en San Roque (Vigo) é un claro exemplo do rectángulo. E a miña pelota é unha esfera.



Moitas grazas, familia. Frianciño quedou encantado de practicar un pouco de deporte. 

EXPERIMENTAMOS A FONTOSÍNTESE NAS PLANTAS ACUÁTICAS


Cos alumnos e alumnas de 5º A. 

Seremos quen de inflar un globo co aire expulsado por unha planta acuática? Esta é a hipótese do alumnado de 5º A para desenvolver o seu experimento. 



viernes, 27 de noviembre de 2015

FUN Ó MERCADO A COMPRAR CAFÉ


O Venres de Viva Voz de 5 anos B.

Os peques de 5 anos B cantaron esta canción aprendida do disco María Fumaça.


UNHA NOVA DA SEMANA MOI LITERARIA


Cos nenos e nenas de 4º B.

A semana do 16 ó 20 de novembro, os nenos e nenas de 4º B fixeron o seu repaso de prensa, centrándose na entrega do Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana á escritora uruguaia Ida Vitale.

jueves, 26 de noviembre de 2015

EXPLOSIÓN DE CORES


O experimento de 6º A.

Á hora de practicar coa ciencia, os alumnos e alumnas de 6º A decantáronse por un curioso experimento sobre a mestura de cores.




Que interesante, chicos!


miércoles, 25 de noviembre de 2015

REFLEXIONANDO SOBRE O DÍA CONTRA O MALTRATO



Unha data para reflexionar e porse na pel das víctimas.

Hoxe, mércores 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra o maltrato. Sen embargo, no noso cole levamos tres días reflexionando sobre o asunto e póndonos na pel das víctimas.

O punto de partida foi a lectura dunha imaxe, a partir da cal propuxemos unha rutina de pensamento que propiciou a reflexión e o intercambio de opinións. Neste enlace podedes lembrar a proposta.





A actividade completouse hoxe cun vídeo, no que, ademais dos elementos visuais, se engadían outros sonoros e auditivos. Tratábase de resaltar os contrastes e compartir os sentimentos que nos provocaban. Numerosos alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria explicitaron os seus comentarios ó final do post. Os máis salientables témolos recollidos neste documento.




As aulas de Primaria resumiron o seu sentimento nuns lazos de cor lila cos que completaron o mural realizado polo alumnado de 6º A baixo a dirección das profes Luz e Montse

  



Non só lendo nos libros aprendimos sobre o maltrato!


martes, 24 de noviembre de 2015

25 de NOVEMBRO



Día Internacional contra o Maltrato de Xénero.

Nos últimos días temos reflexionado sobre esta imaxe que encabeza o post. Trátase dun cartel que forma parte dunha campaña publicitaria deseñada por un grupo de alumnas do curso Alfabetizacións Múltiples, desenvolvido no INTEF durante o presente mes de novembro. Como xa teredes descuberto, aborda o preocupante tema do Maltrato de Xénero.

O seguinte vídeo tamén forma parte da mesma campaña. Convidámosvos a visualizalo.




Reflexiona agora sobre el: 
      • Cres que, como espectador, recibes algún tipo de impacto ó visualizalo?
      • Que sentimentos che provoca?
      • Este vídeo é un xogo de contrastes. Serías quen de suliñar algún contraste que contribúe a chamar a atención do espectador?
      • Que opinas das cores predominantes no vídeo? Contribúen a crear algún tipo de sentimento no espectador?
      • Reflexiona sobre o testimonio da muller, sobre a máscara e sobre o lema da campaña. Que cres que teñen que ver? Resultan coherentes?
Se queres compartir algún dos teus sentimentos ou reflexións, convidámosche a facelo nos comentarios deste post. 

Imaxe: GRUPO 7. Cartel campaña publicitaria Cóntao. Sabes que estamos. Curso Alfabetizaciones Múltiples INTEF. Novembro 2015.


lunes, 23 de noviembre de 2015

DE MERENDA NO MACDONALDS


Con Uxía e Frianciño.

Esta fin de semana Frianciño foi merendar ó MacDonalds con Uxía. Pero alí non só atoparon hamburguesas e refrescos, senón que fixeron uns interesantes descubrimentos matemáticos. Así nolo conta a familia de Uxía:

Uxía aproveitou esta tarde tan divertida en familia para sacar estas fotos e de paso tomar un aperitivo.


Sacamos estas imaxes nas que se mostran triángulos cruzándose, circunferencias e números.



Está claro que as matemáticas atopámolas en todas partes! Ata entre a comida!

Grazas, familia!




FRIANCIÑO NA PRAIA DO BAO



Aquí, o mundo tamén é matemático. 

A pasada semana, o noso compañeiro Andrés (4 anos) recibíu na súa casa a un visitante moi especial: Frianciño. Con el achegouse á Praia do Vao, onde atopou dous elementos matemáticos moi interesantes:

  • As arcadas situadas frente ó estadio do Fútbol Clube Coruxo. Esta imaxe fálanos de ritmo (o que producen as liñas brancas en cada columna; as que produce cada columna no seu conxunto; e as que producen os bancos localizados cada dous ocos); de tendencia ó infinito (as arcadas e a liña curva continúan máis alá da imaxe); de liñas paralelas (representadas polas xuntas existentes entre as pezas de formigón do chan e os soportes para as enredadeiras que sobrevoan toda a estrutura). Outro elemento moi interesante é a sombra que a estrutura proxecta no chan, e que da lugar á creación de ángulos obtusos.

  • A porta de entrada á capela do Carme. Esta imaxe é tamén moi rica: unha porta oxival de madeira dividida en casetóns cadrados decorados en forma de punta de diamante. A porta está rodeada de tres arquivoltas en pedra nas que os sillares están perfectamente tallados, ordenados e colocados, de xeito que o conxunto produce unha sensación de simetría cuxo exe é a pechadura da porta. Ademais, se nos fixamos, detrás de Andrés, as pedras do chan forman unhas liñas de fuga que se dirixen ó centro da porta. 

Pois como deron de si as fotos de Andrés! Que interesantes!

Moitas grazas pola vosa colaboración, familia!




O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES


Descubrindo o segredos da flotación cos nenos e nenas de 6º B.

Polo mes da ciencia, o alumnado de 6º B explicou a través dun pequeno experimento por que os barcos flotan.




domingo, 22 de noviembre de 2015

VER O MUNDO CON MIRADA CRÍTICA



Vexo, penso, pregúntome.

No mundo actual (ao menos no mundo "occidental") semella imposible atopar a alguén que non saiba ler. Pero... sabes que non só temos que aprender a descifrar as letras dun texto? Tamén temos que ler o mundo: comprender o que nos queren dicir unha imaxe, unha película, unha campaña publicitaria...

Iso é o que che imos propor nesta actividade, coa que pretendemos aprenderche a ler o mundo seguindo unha sinxela rutina do pensamento.

Coa axuda da túa mestra ou mestre e a participación ordeada dos teus compañeiros, segue os pasos que che propomos a continuación e intenta descifrar que nos quere dicir esta imaxe:
    1. Vexo. Fíxate na imaxe e describe o que ves. Só o que ves, non o que poidas imaxinar. Seguro que entre todos descubrides unha morea de apreciacións que nun primeiro vistazo pasarían desapercibidas. 
    2. Penso. Xa recoñeciches os detalles da imaxe. Cal cres que podía ser a intención dos seus autores cando decidiron creala? 
    3. Pregúntome. Se xa tes descuberto cal é o tema (ou a intención do cartel) saberás que aborda un importante problema que afecta moi seriamente á nosa sociedade. Que cuestións ou preguntas veñen á túa cabeza cando escoitas falar del? 
Seguro que as vosas reflexións resultan moi interesantes. Por que non tomades nota e nolas contades nos comentarios deste mesmo post?

Imaxe: GRUPO 7. Cartel campaña publicitaria Cóntao. Sabes que estamos. Curso Alfabetizaciones Múltiples INTEF. Novembro 2015.

jueves, 19 de noviembre de 2015

FRIANCIÑO NOS VIADUCTOS DE REDONDELA





Con Nicolás.

Esta fin de semana Frianciño achegouse ata a vila de Redondela, acompañando a Nicolás (1º A) e á súa familia. Este é o comentario que nos fan:

Estas fotos foron tomadas no antigo viaducto de Redondela, un lugar emblemático da vila que foi restaurado recentemente e representa semicírculos.





Grazas, familia, por nos achegar a esta xoia do noso patrimonio que tan ben define á vila de Redondela. 

miércoles, 18 de noviembre de 2015

CLASIFICACIÓN DAS FOLLAS




A exposición científica do alumnado de 4º B.

Os chicos e chicas de 4º B andiveron a clasificar follas, atendendo a varios aspectos. Aquí tendes a súa explicación, acompañada de murais.


martes, 17 de noviembre de 2015

OVO EN SUSPENSO




O experimento dos nenos e nenas de 3º B.

O alumnado de 3º B investigou sobre a flotación na auga salgada e doce.



Aquí vos deixamos algunhas fotos que evidencian o que se produce. 


Isto é profesionalidade!

FRIANCIÑO, NA PRAZA ELÍPTICA



Con Icía e a súa familia.

Deixámosvos coa detallada explicación que Icía e máis a súa familia nos enviaron a través do correo electrónico:

O lugar que buscamos en Vigo para o mundo matemático foi unha praza con forma de elipse.



As fotos fixémolas na Praza de Francisco Fernández del Riego. Tamén é coñecida pola súa forma: Praza Elíptica, un nome que tamén recolleu o Centro Comercial e os cines que hai debaixo.


Na fotos, nunha delas que está Frianciño con Icia, podemos ver a cúpula do centro comercial.




Grazas, familia! Canto temos aprendido convosco esta semana!

lunes, 16 de noviembre de 2015

UN DÍA NO MUÍÑO




Con Rodrigo e Frianciño.

Rodrigo (4º A) aproveitou esta fermosa fin de semana para levar a Frianciño á súa casa, ó outro lado da Ría. E acabaron visitando o Muíño Poza da Moura, en Domaio. Que figura xeométrica vedes...?




Grazas. familia, por pensar nestas construcións tan tradicionais e tan nosas!

domingo, 15 de noviembre de 2015

APAGÓN NO CALVARIO



A Nova da Semana en 4º A.

Despois de analizar as novas da prensa, os rapaces e rapazas de 4º A desenvolveron esta nova sobre o apagamento que mantivo ás escuras a un considerable número de poboadores da nosa cidade.


sábado, 14 de noviembre de 2015

XOGOS INFANTÍS TRADICIONAIS



Cos nenos e nenas de 5 anos A.

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 5 anos A recuperaron para nós dous xogos tradicionais: Pin, pin, zamaraca pin e Cando cociches?



Parabéns, chicos!


Imaxe: DEUTSCHE FOTOTECH. Meissen Stadt. By Wikimedia Commons. CC BY SA

viernes, 13 de noviembre de 2015

FACEMOS UN VOLCÁN


O experimento científico de 2º B.

Para celebrar o mes da ciencia, os nenos e nenas de 2º B explicaron ós seus compañeiros de 2º A como facer un volcán. Mirade que profesionais!



Parabéns, chicos!

FRIANCIÑO E LUCÍA NA PRAZA DE MARTÍNEZ GARRIDO



Disfrutando do mural de Nelson Villalobos

Xa hai un par de semanas Frianciño estivo pasando a fin de semana na casa de Lucía, alumna de 6º B. Quedou encantado, porque o levaron a un lugar cheo de cor e formas xeométricas. Así nos explicou Lucía a súa excursión:

O Frianciño e mais eu estamos en Vigo, diante do mural da rúa Martínez Garrido. É un conxunto escultórico en homenaxe ó alcalde socialista Emilio Martínez Garrido e a outros fusilados do 1936.

Eliximos este mural polas súas formas xeométricas e polo colorido tan espectacular.

Aconséllovos que pasedes por alí. É precioso!



Gracias, Lucía e familia! Un lugar realmente fermoso e matemático!


jueves, 12 de noviembre de 2015

ELECTRICIDADE ESTÁTICA


En 1º B.

Os nenos e nenas de 1º B tamén fan ciencia na escola. O pasado luns estiveron a falar sobre electricidade estática. Como auditorio tiveron ós seus compañeiros e compañeiras de 1º A. Mirade que ben o fan...! E que serios...!



Parabéns!


Imaxe: TESS WALTSON. Static Electricity. En FlykrCC BY

miércoles, 11 de noviembre de 2015

EXPERIMENTANDO EN 4º A



Xermolarán as nosas sementes?

Os rapaces e rapazas de 4º A inauguraron a semana pasada as nosas actividades polo mes da ciencia. Aquí vos mostramos como se desenvolveu o experimento.



martes, 10 de noviembre de 2015

POLO SAN MARTIÑO...



... castañas e xoguiños!

Cun día de anticipación, no noso cole festexamos unha festa moi tradicional: o San Martiño.

Pero comecemos polos preparativos: nos últimos días, os rapaces e rapaces de 1º de Primaria estiveron a traballar, na sección bilingüe de Plástica, no cartel que ilustra este post. Quedou precioso!

Xa hoxe, as actividades comezaron pola mañán, cun circuíto de xogos preparado minuciosamente polos profes de Educación Física. Neste enlace podedes consultar o programa. Comprobaredes que se trata duns chicos moi profesionais e organizados.

Pola tarde, castañada organizada pola ANPA.

Neste álbum podedes disfrutar con algúns dos momentos máis divertidos do circuíto de xogos.



Un día realmente completo e moi relacionado co noso PDI deste curso.

lunes, 9 de noviembre de 2015

XOGAR E CONTAR



Que boa combinación!

O alumnado de 6ºB, para o seu Venres de Viva Voz, presentounos unha selección de xogos tradicionais que vencellaron coas matemáticas. Xa sabemos...! Vivimos nun mundo matemático, non si?


Imaxe: Pieter Brueghel the Elder (1526/1530–1569). Children. [Public domain], via Wikimedia Commons

101 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE HEDY LAMARR


Actriz e científica. 

Hoxe, 9 de novembro de 2015, celébrase o 101 aniversario do nacemento de Hedy Lamarr, unha actriz vienesa que acadou a fama en Hollywood (foi considerada a muller máis bela do mundo, antes de que ninguén coñecera a Ava Gardner). Sen embargo, abandonou o estrelado para adicarse ó que máis lle gustaba: a ciencia. Foi pioneira nas investigacións que levaron ó desenvolvemento da wifi e o bluetooth.

Como tantas outras, Hedi Lamarr foi unha muller avanzada ó seu tempo. Resulta curioso que celebremos o seu aniversario neste mes, adicado á muller maltratada e á ciencia. Como podedes comprobar neste artigo do blog do periódico dixital 20 minutos, a vida de Hedy tivo moito que ver con ambas as dúas moedas.

Google tenlle adicado este coidado doodle. Disfrutádeo, e... pensade!



Imaxe: Hedy Lamarr in Dishonored Lady
By Film screenshot (Dishonored Lady film) [Public domain], via Wikimedia Commons

domingo, 8 de noviembre de 2015

EN PONTEVEDRA...



... tamén viven nun mundo matemático.

Candela e a súa familia estiveron este domingo nun concerto, en Pontevedra. Mirade que fotos tan chulas!

A foto seleccionada é na ponte dos tirantes. Aos ollos da nosa cativa ten forma de triángulo.





Pois creo que Candela non vai moi desencaminada. Seguro que todos podemos ver non un, senon moitos triángulos. 

Grazas, familia, por compartir connosco a vosa fin de semana!

sábado, 7 de noviembre de 2015

EN NOVEMBRO...


... voltan os clásicos. 

No noso cole, as Tardes de conto xa son un clásico. Unha actividade xestionada por un grupo de nais da A.N.P.A. para recuperar a oralidade e facer familia.

E un clásico tamén é que esta actividade comece polo mes de Santos. Por iso, a primeira sesión tivo lugar o pasado xoves día 5 de novembro. Estivo a cargo de Luami (6º A) e Rebeca (a súa nai), que contaron Las medias de los flamencos.






jueves, 5 de noviembre de 2015

FRIANCIÑO NO OUTRO EXTREMO DE VIGO


Con Senda.

Seguro que moitos de vós coñecedes esta escultura, aínda que estea nun barrio un pouco alonxado do noso: Castrelos. Coñecedes a rotonda que está diante do cemiterio de Pereiró? Pois xusto alí, onde comeza o Vial da Universidade (chamado agora Clara Campoamor) está esta escultura que representa
un dodecaedro.

Xa vedes: tamén a arte, e a ordenación do tráfico, teñen que ver coas matemáticas.


Grazas, familia! Canto estamos a aprender!


miércoles, 4 de noviembre de 2015

FRIANCIÑO E NOA...


... no Castro!

Frianciño, Noa e máis a súa familia estiveron a pasear durante a ponte polo monte do Castro (que, por si non o sabiades, chámase Monte Feroso). Alí non atopou unha, senón varias imaxes matemáticas. Que vos parece...?



Entre liñas (as formadas polo orixinal enrexado) atoparon os cementos das vivendas dos nosos antepasados. As máis antigas (redondas, en primeiro plano) foron construídas polos celtas. A influencia romana reflíctese nas dúas estruturas rectangulares do fondo.


O tocón dunha árbore resulta un bo lugar para atopar un montón de liñas circulares concéntricas (as que sirven para contar a idade da árbore).

E que me dicides do monolito cun medallón e un trisquel inscrito nunha circunferencia que aparece na cabeceia deste post...?

Realmente, o Castro é un lugar cheo de encantos, sorpresas, e... recunchos matemáticos!

Grazas, familia!