GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 31 de octubre de 2015

SEMANA DA BIBLIOTECA ESCOLAR



Así a celebramos...!

No noso cole, a Biblioteca está moi presente. Por iso, en lugar de festexar o Día das Bibliotecas Escolares nunha data sinalada, celebrámolo durante unha semana completa!

Como xa vimos facendo nos últimos anos, o Día das Bibliotecas Escolares significou o punto de inicio do noso Proxecto Documental Integrado deste curso: Entre liñas anda o xogo. O obxectivo, ademais de dar a coñecer o proxecto foi:
      • familiarizar ó alumnado co uso das novas tecnoloxías;
      • promover o interés e o entusiasmo do alumnado a través dunha actividad lúdica que requiría atención e reflexión;
      • favorecer a creatividade e o traballo cooperativo entre grupos de alumnos.
A actividade comezou na Biblioteca, onde cada grupo atopou unha caixa coas ferramentas do bo investigador:
      • unha lupa;
      • un compás;
      • un libro (Top Secret);
      • un ipad;
      • catro sobres de cores (azul, vermello, verde, amarelo);
      • un sobre cun agasallo (para abrir ó rematar a proba);
      • unha mensaxe.




O xogo comezou coa lectura da pista incluída na caixa, que dicía: 

Se investigador queres ser, 
a túa cor tes que escoller!

E como todos coñecemos moi ben a cor da nosa sección, esta primeira proba foi ben doada: 
      • os de Infantil escolleron o sobre azul; 
      • os de 1º e 2º o vermello; 
      • os de 3º e 4º o verde;
      • os de 5º e 6º o amarelo.
E que había dentro do sobre? Pois un código QR, que axiña conquerimos ler empregando para iso a aplicación I-nigma do ipad. Por suposto, cada nivel tiña un código diferente que derivaba a un vídeo de Tellagami no que un avatar lles daba unha pista.



A dita pista conducía ós rapaces a un lugar do colexio onde tiñan que atopar unha mensaxe secreta. Nesta mensaxe, segundo a idade dos nenos, se empregaba un código que coa axuda do libro Top Secret tiñan que descifrar. 

Consulta os códigos QR, as pistas do avatar e as mensaxes secretas nesta páxina

Sabedes cal era a mensaxe agachada en todos os códigos cifrados?

O proxecto deste curso titúlase Entre liñas anda o xogo


A continuación tendes algunhas imaxes que ilustran o desenvolvemento da actividade. Como vedes, os rapaces disfrutaron un montón.





A actividade entusiasmou á cativada. Así que axiña rematamos e, poidemos abrir o sobre prateado da caixa do investigador, que estaba rotulado coa palabra Agasallo

Non pode ser! Outro código QR! Quérennos tolear, ou que...?

Pois non. Nesta ocasión, o código levábanos a esta mensaxe: 





E logo que...?

Pois marchamos para as aulas e, durante as clases de Plástica, os rapaces situáronse en grupos de catro, para iniciarse no traballo cooperativo. Tratábase nesta ocasión de estimular a cretividade e crear un cartel para o proxecto, con dúas premisas: 
      • un soporte en tamaño A-3;
      • o material aportado polo mestre (palliñas, lá, recortes de papel...).
Finalmente, unha vez rematado o deseño, os rapaces poideron completar a decoración empregando pinturas, rotuladores ou témperas.

Aquí podemos ver ó alumnado de 4º A mentras desenvolvía a tarefa: 



E estes son os resultados do traballo. 




Apostades por algún para representar o noso PDI deste curso...?


No hay comentarios: