GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 26 de octubre de 2015

A NOVA DA SEMANA DE 2º A


Toda unha semana investigando na prensa e traballando cooperativamente. 

Esta semana tocou a quenda a 2º A para analizar as novas da semana. Un traballo realizado con esmero, seleccionando na prensa os correspondentes titulares e enlazándoos no Padlet da Biblioteca. Escribindo día a día as novas máis salientables, traballando as seccións... Todo quedou reflectido nun mural situado nun lugar privilexiado da aula. 




E aquí tendes o seu podcast. 




Parabéns, chicos...! E profe...!

No hay comentarios: