Como cada 24 de outubro, no noso colexio cobra especial significación a celebración desta data, adicada ás bibliotecas escolares. Nesta ocasión, por dobre motivo:
- Porque ten sido o comezo "oficial" do noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Entre liñas anda o xogo).
- Porque o lema desde ano refírese ó que máis nos gusta facer na Biblioteca: investigar.
Efectivamente, o cartel deste curso, deseñado polo ilustrado Fran Bueno e co lema Biblioteca escolar, base de exploracións, é (como se recolle no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia) unha chamada a traballar coa información, a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
Pois mentras preparamos a documentación relacionada co que celebramos estes días e vola damos a coñecer, deixámosvos con este vídeo. Trátase dunha canción creada polo mestre substituto de Educación Musical (Gonzalo Luna) e interpretada polo alumnado de 3º, onde se nos convida a acudir á Biblioteca e a ler.

No hay comentarios:
Publicar un comentario