GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 26 de octubre de 2015

FRIANCIÑO MULTIPLÍCASE...


... para atender a invitación de todos os seus amigos.

A nosa actividade Vivimos nun mundo matemático está tendo un éxito enorme. Tantas sodes as familias solicitantes, que Frianciño tivo que pedir axuda ós seus curmáns para poder acudir a todos os vosos fogares.

Esta fin de semana, coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares, tres superchicas levaron a casa ó seu pequeno convidado: Lucía, Noa e Uxía.




Seguro que nos mandades unhas fotos estupendas!

No hay comentarios: