No noso cole, a Biblioteca está moi presente. Por iso, en lugar de festexar o Día das Bibliotecas Escolares nunha data sinalada, celebrámolo durante unha semana completa!
Como xa vimos facendo nos últimos anos, o Día das Bibliotecas Escolares significou o punto de inicio do noso Proxecto Documental Integrado deste curso: Entre liñas anda o xogo. O obxectivo, ademais de dar a coñecer o proxecto foi:
- familiarizar ó alumnado co uso das novas tecnoloxías;
- promover o interés e o entusiasmo do alumnado a través dunha actividad lúdica que requiría atención e reflexión;
- favorecer a creatividade e o traballo cooperativo entre grupos de alumnos.
A actividade comezou na Biblioteca, onde cada grupo atopou unha caixa coas ferramentas do bo investigador:
- unha lupa;
- un compás;
- un libro (Top Secret);
- un ipad;
- catro sobres de cores (azul, vermello, verde, amarelo);
- un sobre cun agasallo (para abrir ó rematar a proba);
- unha mensaxe.
O xogo comezou coa lectura da pista incluída na caixa, que dicía:
Se investigador queres ser,
a túa cor tes que escoller!
E como todos coñecemos moi ben a cor da nosa sección, esta primeira proba foi ben doada:
- os de Infantil escolleron o sobre azul;
- os de 1º e 2º o vermello;
- os de 3º e 4º o verde;
- os de 5º e 6º o amarelo.
E que había dentro do sobre? Pois un código QR, que axiña conquerimos ler empregando para iso a aplicación I-nigma do ipad. Por suposto, cada nivel tiña un código diferente que derivaba a un vídeo de Tellagami no que un avatar lles daba unha pista.
A dita pista conducía ós rapaces a un lugar do colexio onde tiñan que atopar unha mensaxe secreta. Nesta mensaxe, segundo a idade dos nenos, se empregaba un código que coa axuda do libro Top Secret tiñan que descifrar.
Consulta os códigos QR, as pistas do avatar e as mensaxes secretas nesta páxina.
Sabedes cal era a mensaxe agachada en todos os códigos cifrados?
O proxecto deste curso titúlase Entre liñas anda o xogo
A continuación tendes algunhas imaxes que ilustran o desenvolvemento da actividade. Como vedes, os rapaces disfrutaron un montón.
A actividade entusiasmou á cativada. Así que axiña rematamos e, poidemos abrir o sobre prateado da caixa do investigador, que estaba rotulado coa palabra Agasallo.
Non pode ser! Outro código QR! Quérennos tolear, ou que...?
Pois non. Nesta ocasión, o código levábanos a esta mensaxe:
E logo que...?
Pois marchamos para as aulas e, durante as clases de Plástica, os rapaces situáronse en grupos de catro, para iniciarse no traballo cooperativo. Tratábase nesta ocasión de estimular a cretividade e crear un cartel para o proxecto, con dúas premisas:
- un soporte en tamaño A-3;
- o material aportado polo mestre (palliñas, lá, recortes de papel...).
Finalmente, unha vez rematado o deseño, os rapaces poideron completar a decoración empregando pinturas, rotuladores ou témperas.
Aquí podemos ver ó alumnado de 4º A mentras desenvolvía a tarefa:
Aquí podemos ver ó alumnado de 4º A mentras desenvolvía a tarefa:
E estes son os resultados do traballo.
Apostades por algún para representar o noso PDI deste curso...?























