GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
lunes, 1 de junio de 2015
XA TEMOS GAÑADORA...
... do noso Concurso de Fotografía Dixital.
Participaron no concurso dez imaxes, presentadas por seis familias. Todas elas fermosísimas.
Tal e como establecían as bases do noso Concurso, os membros da nosa Comunidade Educativa elixiron a súa imaxe preferida entre as participantes. E a elixida (votada pola terceira parte do xurado) foi a titulada A lingua do mar, presentada pola familia Lijó Mas.
Moitos parabéns, familia.
E moitas grazas a todos e a todas os que, coa vosa participación, fixestes posible esta oitava edición do noso concurso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario