Algún dos adultos que nos len lembrará aqueles magníficos álbumes da nosa nenez. En concreto, eu tiña un titulado As sete marabillas do mundo, onde se facía un percorrido polas construcións máis fantásticas da historia da Humanidade. Alí coñecín a Torre de Babel, o Coloso de Rodas, o Machu Pichu...
Para fomentar a participación do alumnado (e de paso, a lectura) este curso decidimos crear un álbum que nos permitira lembrar todo o que temos aprendido no noso PDI deste curso. Pero o álbume "había que gañalo". Así, cada vez que un alumno facía unha recomendación, ou participaba nunha actividade, recibía un determinado número de cromos.
Chegou o intre de completar os nosos álbumes. Y os alumnos e alumnas máis participativos recibiron o seu agasallo. Aquí os tendes, posando xuntos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario