Despois de estar traballando todo o curso sobre o noso PDI Un mar de linguas, chega a hora de recapitular. E a mellor forma de facelo é perpetuando o proxecto nun mural "aumentado".
En efecto, coa axuda de Enrique, o noso conserxe, conquerimos adicar a mural unha das paredes que conducen á Biblioteca. Co deseño de Marcial, un dos nosos colaboradores, repartimos entre as diversas aulas fragmentos da nosa Ría en formato A-1. Á súa vez, cada fragmento estaba dividido en catro partes, para que, nas aulas, os rapaces traballaran de xeito cooperativo e creativo. As profes Luz, Montse, Juncal e Elisa deron os toques finais.
Xa só faltaba enriquecer o mural. Para iso empregamos a aplicación Aurasma. As embarcacións dispersas polo mural (que forman unha liña do tempo) e os recadros colocados na parede anexa son as auras que nos permiten acceder a esa realidade aumentada.
Deixámosvos aquí con algúns detalles do mural:
Convidámosvos a visitar o noso mural cos vosos dispositivos móbiles. Iso si, coa app Aurasma descargada (é gratuíta).


No hay comentarios:
Publicar un comentario