GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 2 de junio de 2015

GRANDE FESTA DA LINGUA



Coa que rematamos o noso Proxecto. 

Parece que foi onte cando comezou, pero xa pasaron oito meses dende que na nosa Biblioteca apareceu un cofre cheo de mapas e tesouros. Hoxe festexamos a conclusión do noso PDI Un mar de linguas. E celebrámolo ó grande.

Por iso, como xa ven sendo habitual, as familias estiveron connosco todo o día: traballando como o que máis, comendo xuntos e disfrutando das actividades e actuacións. (Neste enlace podedes acceder ó xogo de pistas ideado polo profesorado de Educación Física).

Tamén se achegaron ó colexio antigos compañeiros xa xubilados, que compartiron connosco o xantar.

Todas as liñas que escribíramos non chegarían para contar o ambientazo do día de hoxe. Así que... nada máis efectivo que disfrutar das imaxes, que falan por si soas!







   



Preparativos 









Obradoiros









Merenda









Xogos 

























Concurso












Festival


Atoparedes máis fotos deste día premendo neste enlace.


Grazas a todos e a todas os que fixestes posible un día marabilloso!



No hay comentarios: