O pasado xoves día 19 de marzo, un grupo de alumnos e alumas de 4º A de Primaria (e mais o seu titor) participamos nunha nova experiencia: unha introdución ós clubes de lectura.
Reunímonos na Aula de Música (á hora do recreo a Biblioteca estaba chea de actividade) para charlar en torno a un dos libros de lectura obrigatoria: Dúas bágoas por Máquina, de Fina Casalderrey.
Todos (alumnos e profes) saímos da xuntanza moi satisfeitos, primeiro (como non) polas galletas, que estaban boísimas e voaron axiña. E segundo, e máis importante, porque todos (incluso os máis tímidos) acabamos falando.
Aquí vos deixamos algunhas fotos. Esperamos que os rapaces fagan tamén os seus propios comentarios sobre esta nova experiencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario