GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 21 de diciembre de 2015

XEOMETRIZANDO O NADAL



Unha morea de felicitacións de nadal.

Como ben sabedes, este curso estamos a traballar o PDI titulado Entre liñas anda o xogo. E... como non xogar coas figuras xeométricas que se crean cando se unen ou interseccionan unha ou varias liñas? Por tal motivo, a proposta que lanzamos ás aulas foi elaborar un vídeo de felicitación a partir dunha figura xeométrica asignada previamente. Para iso empregamos os ipads, e a aplicación Explain Everything. En canto ás figuras, repartímolas do seguinte xeito:
      • Educación Infantil: prismas;
      • 1º curso de Primaria: trapecios;
      • 2º curso de Primaria: triángulos;
      • 3º curso de Primaria: círculos; 
      • 4º curso de Primaria: cadrados; 
      • 5º curso de Primaria: rectángulos; 
      • 6º curso de Primaria: pentágonos. 
A imaxe que ilustra este post é a felicitación do alumnado de 3º A. E a continuación tendes os vídeos - felicitación das restantes aulas. 


Educación Infantil:



1º A de Primaria: 



1º B de Primaria: 



2º A de Primaria: 



2º B de Primaria: 



3º B de Primaria: 



4º A de Primaria: 



4º B de Primaria: 




5º A de Primaria: 



5º B de Primaria: 



6º A de Primaria: 



6º B de Primaria: 



Sumámonos ás felicitación do noso alumnado, e desexámovos un Nadal redondo!



NO FRIAN ESTAMOS SANS


Nova publicación na revista Eduga.

Os profes de Educación Física do noso cole (Jose e Manolo) teñen participado no último número da revista Eduga cun artigo titulado como este post. Premendo neste enlace poderedes acceder ó contido.

Parabéns, profes!

sábado, 19 de diciembre de 2015

CELEBRANDO O NADAL



Entre música e bailes.

Onte ó mediodía comezaron as vacacións do Nadal. Por iso, despois do recreo, reunímonos no salón de actos para celebrar xuntos estas datas. Todo o alumnado tivo o seu intre de gloria, participando en diferentes números preparados polas mestras especialistas en Inglés (Montse e Isabel) e polo mestre sustituto de Música, Gonzalo. Foi, ademais, una celebración moi emotiva, xa que despediamos a Gonzalo, que deixa unha lembranza imborrable entre nós.



Grazas, profes! Feliz e merecido Nadal!

MATEMÁTICAS NO APARCADOIRO DE BICIS


Con Frianciño e Adela.

A pasada semana Frianciño marchou pasar a fin de semana á casa de Adela (1º). Non tivo que ir moi lonxe para descubrir as matemáticas. Así nolo explica a propia anfitriona:


O meu recuncho matemático atopeino moi preto da miña casa; está no comezo da rúa Aragón.
É un aparcadoiro de bicicletas. Tardamos pouco en facer as fotos e tivemos sorte: ao principio tiñamos una bici aparcada pero nun par de minutos... tachán! Desapareceu e deixounos estes aros paralelos enganchados no chan soíños. A que son bonitos?


Vaia fotos máis feitiñas!

Moitas grazas, Adela! Moitas grazas, familia!

jueves, 17 de diciembre de 2015

O NOSO DESEXO PARA UN NADAL REDONDO: LONGAS LIÑAS DE BOAS LECTURAS





UNHA MOREA DE VIDRIEIRAS


Decorando os nosos corridores.

Estas dúas últimas semanas os corridores do noso colexio cambiaron o seu aspecto grazas ó traballo das nosas familias, que, mostrando unha grande creatividade, deseñaron unhas magníficas vidrieiras.



Grazas, papás e mamás!

miércoles, 16 de diciembre de 2015

COMO XOGAR Á BANDEIRA


Cos nenos e nenas de 4º B.

O alumnado de 4º B apréndenos a xogar á bandeira no patio do colexio.

Con este titorial rematamos a recopilación de xogos tradicionais levada a cabo polas diversas aulas do noso centro co gallo do Mes da tradición oral.

martes, 15 de diciembre de 2015

XOGANDO Ó PARCHIS


Cos nenos e nenas de 4º A.

No patio do noso colexio temos pintado un circuíto de xogos, e, entre eles, un parchís. O alumnado de 4º A lémbranos como xogar.

FRIANCIÑO NO PARQUE QUIÑONES DE LEÓN



Con Valeria.

A pasada fin de semana, Frianciño marchou con Valeria (4 anos) para pasar a fin de semana. Pasárono fenomenal, disfrutando dos columpios do Parque de Castrelos. E alí decatáronse de que, cando os ves dende lonxe, os columpios semellan trapecios.


Grazas, familia!

domingo, 13 de diciembre de 2015

TARDES DE CONTO



Crónica dun tres en un.

No mes de novembro voltaron comezar as nosas Tardes de contos. E xa levamos tres sesións. Pero as cicunstancias foron dilatando a publicación da nova. Así que... facemos un tres en un!

Este é o resumo moi, moi breve:
  • O 16 de novembro comezaron as actividades, sendo a protagonista Mónica, a nai de Icía (2º B) e Alba (3 anos) que nos contou Hilo sin fin.
  • 0 26 de novembro foi o turno de Álex (6º A) e a súa nai, Ana, que contaron El tejón misterioso
  • Por último, o 1 de decembro foi a quenda de Lucía (6º B) e da súa nai, Pili, que nos contaron Un verano en el zoo. Como veredes, o público pasouno fantasticamente. Lucía, que é alumna bibliotecaria, demostrounos o curso pasado que é unha marabillosa contadora. Pero... seguro que "de tal nai, tal tal filla".


Tres sesións, tres contos, tres nais cos seus fillos. 

Moitas grazas, familias, polo voso entusiasmo e voluntarismo. 

E grazas tamén á nosa informadora, Rebeca. 


XOGANDO Á FLOR DO ROMEU



Cos nenos e nenas de 2º B.

O alumnado de 2º B apréndenos un xogo tradicional con música: Á flor do romeu. Neste titorial explícannos como facer.

sábado, 12 de diciembre de 2015

O AIRE EXPÁNDESE E ENCÓLLESE


O experimento de 1º A. 

Cun sinxelo experimento, os nenos e nenas de 1º A de Primaria explicáronnos como o aire se expande e se encolle. Aquí os tendes, en plena acción.


Con este vídeo remata a colección de experimentos desenvolvido polo alumnado de Primaria do noso cole durante novembro, o Mes da ciencia en galego. 

Imaxe: By No machine-readable author provided. Atarom assumed (based on copyright claims). [Public domain], via Wikimedia Commons

jueves, 10 de diciembre de 2015

miércoles, 9 de diciembre de 2015

XOGANDO ÁS CARREIRAS DE SACOS



Cos nenos e nenas de 5 anos B.

Os cativos de 5 anos B recrean para nós esas divertidas carreiras de sacos ás que adoitabamos xogar cada vez que iamos de excursión. Neste titorial explican como facer.

XOGAR ÁS CADEIRAS


Co alumnado de 6º A.

Os rapaces e rapazas de 6º A cóntannos como xogar ás cadeiras.

martes, 8 de diciembre de 2015

XOGANDO ÁS COLLIDAS


Con 6º B.

Os rapaces e rapazas de 6º B apréndennos a xogar ás collidas neste titorial.

XOGANDO Á PITA CEGA



Cos nenos e nenas de 3 anos B.

Os máis cativos do cole aprenderon a xogar á Pita cega. Aquí nos explican como fixeron:

XOGANDO ÁS "SETE E MEDIA"


Con 5º A.

Os rapaces e rapazas de 5º A explícannos neste sinxelo titorial como xogar ás Sete e media.

HEICHE DE CONTAR UN CONTO


Cos alumnado de 2º B.

Os nenos e nenas de 2º B, para o seu Venres de Viva Voz crearon este conto que tan ben enlaza as matemáticas e a literatura.



Parabéns, chicos! Un conto precioso. 

NO SUPER...


...tamén atopamos matemáticas. 

Esta fin de semana a nosa compañeira Noa (5º B) non tivo que ir moi lonxe para atoparse coas matemáticas. Tan só unha visita ó super, e decatouse de que tamén alí as matemáticas están moi presentes. E non só no ticket da compra (que tamén) senón no logo do propio super. Como sodes moi listos xa non vos explicamos nada, pero... non atopades algunha semellanza entre este logo e este símbolo matemático %?

E agora deixámosvos cunha bromiña de Noa.

Ola, son Noa de 5°B. 
As fotos sacámolas na rúa, diante dun súper. 
Quero dárlle as grazas ó meu irmán, porque se vos fixades na parte inferior da foto, veredes que sempre foi un gran apoio para min, jajajaja.


Pois si, Noa! Os irmáns sempre son un gran apoio, en todos os sentidos! Grazas, Lucas!
E grazas, familia!

O XOGO DA CIGOÑA



Directamente da Tradición oral.

Os nenos e nenas de 1º B aprenderon a xogar a este xogo que, procedente da zona do Barco de Valdeorras, lles aprendeu a profe Elisa.

lunes, 7 de diciembre de 2015

A CUMBRE DO CLIMA DE PARÍS...



... protagonista da semana.

O alumnado de 6º B foi o encargado, esta semana, de pasar revista á prensa semanal. Entre os titulares elixidos destacaron a celebración da Cumbre do Clima, en París, e os disturbios producidos polos manifestantes.


Imaxe: Cartel da Conferencia da ONU sobre cambio climático. En Centro de noticias ONU

COMO XOGAR...



... a Pés Quedos.

Os cativos de 5 anos B lémbrannos este xogo que talvez xa esquecéramos.

domingo, 6 de diciembre de 2015

COMO XOGAR A TIRAR DA CORDA



Cos nenos e nenas de 4 anos B.

Un sinxelo xogo tradicional case esquecido: tirar da corda. Os nenos e nenas de 4 anos B lémbrannos como se xoga.

sábado, 5 de diciembre de 2015

XOGANDO A "OVO, PICO, ARAÑA"


Cos alumnos e alumnas de 5º B.

Os rapaces de 5º B pasárono moi ben xogando a Ovo, pico, araña. No seguinte documento explícannos os pasos a seguir:

XOGANDO Ó ESCONDITE INGLÉS



Cos nenos e nenas de 5 anos A. 

O alumnado de 5 anos A estivo a xogar ó Escondite Inglés no patio do colexio. Neste titorial explícannos como xogar.

viernes, 4 de diciembre de 2015

ELIXINDO O NOSO LOGO...



... nunha consulta popular.

Despois dos fermosos carteis realizados polo noso alumnado, hoxe chegou o día grande: a votación para elixir o que representará ó noso PDI deste curso: Entre liñas anda o xogo.

Durante estes últimos días, os rapaces tiveron tempo de pensar cal era o seu cartel favorito: no corridor estaba a exposición organizada polas profes Luz e Montse; e no blog, o post con toda a información necesaria.

Así pois, ás 12 da mañán constituíse a mesa electoral, presidida por Elisa, a xefa de estudios, e por dúas alumnas de 6º (no rol de secretaria) e 1º de Primaria. Os rapaces, moi formais, comezaron a emitir os seus votos dende os máis cativos ata os maiores, presentando o seu carnet da biblioteca.

No seguinte álbum poderedes comprobar o serios e responsables que estaban. Non sei se o día 20 os maiores saberemos facelo mellor.



Realmente, os cativos déronnos un gran exemplo: foron quen de votar non ó seu cartel, nin ó dos seus amigos, senón o que nos representaba a todos. E... quen nos representa a todos...? Quen identifica a toda a comunidade educativa do noso cole...? Frianciño!

Con 73 votos, este foi o cartel gañador, deseñado por un grupo de alumnos de 4º A



A moi pouca distancia (con 61 votos) quedou o segundo clasificado



Grazas a todos por un comportamento tan democrático e exquisito. 

Feliz Día da Constitución!

jueves, 3 de diciembre de 2015

XOGANDO A PASE MISÍ



Cos alumnos e alumnas de 1º A.

Quen non sabe xogar a Pase misí? Os alumnos e alumnas de 1º A disfrutaron moitísimo aprendendo este xogo tradicional que, desgraciadamente, as novas xeracións comezan a esquecer. Neste sinxelo titorial explícannos como xogalo.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

FRIANCIÑO DESCUBRE O NADAL



Con Julia, Víctor e os seus pais. 

A nosa compañeira Julia (4 anos B) estivo paseando esta fin de semana con Frianciño pola Porta do Sol. Mirade o que nos escribiron:

Ola!!!!

Somos a familia de Julia, do grupo de 4 anos-B.

Que contentos estivemos con Frianciño esta fin de semana na casa.

Levámolo a ver a árbore de Nadal que está na Porta do Sol, porque ten forma de cono.
A Julia, ao seu irmán Victor e a Frianciño gustoulles moito estar dentro da árbore!!!!

Graciñas por todas as experiencias que nos ofrecedes dende o cole!!!!
Saúdos.
Julia, Víctor, María e Javi.



Grazas, familia! Frianciño viña impactado. Tanta luz, e de noite...!


POLO DÍA DA CONSTITUCIÓN...



... facemos unha votación.

O vindeiro día 6 de decembro celebraremos o Día da Constitución. No noso cole festexarémolo participando nunha importante votación: a elección do cartel que representará o PDI deste curso (Entre liñas anda o xogo).

1. Sabes que é unha constitución?

Pois son as normas supremas dun estado. É dicir: as normas que rixen a convivencia de todos os cidadáns e cidadás. Todos os habitantes dun país deben coñecer a súa constitución, para saber os seus dereitos e as súas obrigas.

2. Cando e como se aprobou a Constitución española?

A Constitución española aprobouse no ano 1978, despois dun proceso que tivo estas fases:

      • os pais da Constitución (un grupo de sete políticos de todas as siglas) encargáronse da súa redacción;
      • o 31 de outubro de 1978, o documento elaborado por este grupo foi aprobado polo Congreso e mais polo Senado;
      • o 6 de decembro de 1978, o pobo español confirmou que estaba dacordo coa Constitución votando nun referendo;
      • o 27 de decembro de 1978, o rei Juan Carlos firmou a Costitución.

3. Por que celebramos o Día da Constitución o 6 do nadal?

Esta resposta tes que adiviñala, aínda que, se estiveches moi atento ó que acabas de ler, seguro que xa a sabes. 

Mais... por que cres que festexamos o 6 do nadal, e non o 31 de outubro ou o 27 de decembro? Seguro que entre toda a clase, e coa axuda dos vosos profes sodes quen de averigualo. 

4. A soberanía nacional reside no pobo. 

O artigo 1.2. da nosa Constitución afirma que a soberanía nacional reside no pobo. Isto quere dicir que os que mandan son os cidadáns e as cidadás. 

O artigo 23.1. indica que os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente e por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal. Isto significa que todas as persoas maiores de idade do país, sexan do sexo, raza ou relixión que sexan, teñen dereito a participar nas eleccións para elixir ós seus representantes. 

5. Imos votar!

O vindeiro día 20 de decembro as persoas maiores de 18 anos do noso país están convocadas para elixir ó presidente que nos gobernará nos próximos catro anos. 

No noso cole queremos facer un sufraxio popular, pero non para elixir presidente, senón para decidir cal vai ser o cartel que representará ó PDI deste curso

Para iso, a partir das 12 da mañán do venres día 4 de decembro, está convocado todo o alumnado para votar diante da mesa electoral constituída pola Xefa de estudios (que actuará como presidenta), un alumno de 6º (secretario) e outro de 1º (vocal).

6. Que votar?

Entre todos os carteis creados polo alumnado, os nove finalistas son estes: 




7. Como votar?

Vas elixir o cartel que vai representar ó noso centro, así que cómpre ser moi responsable. Elixe o que mellor nos poida representar. 

Fíxate no número do cartel que elixas, e escríbeo na túa papeleta. Acude á mesa electoral coa túa papeleta e o teu carnet da Biblioteca

martes, 1 de diciembre de 2015

COMO XOGAR...



... ó Xogo do Lorcho.

Durante novembro, coincidindo co Mes da tradición oral, os diferentes grupos do noso centro estiveron a investigar sobre xogos tradicionais galegos. Tratábase dunha auténtica tarefa de educación documental na que o proceso que seguiron foi:
      • buscar información en bibliografía seleccionada ou na rede sobre xogos tradicionais galegos e seleccionar un; 
      • aprender a xogalo; 
      • cos ipad, documentar mediante fotografías as distintas fases do xogo; 
      • con frases sinxelas, explicar as instrucións do xogo, engadindo os materiais precisos e un resumo;
      • empregar a app Snapguide para facer a guía do xogo.

O Xogo do Lorcho foi o elixido pola aula de 3º B. Así nolo explican:




Imaxe: DESCOÑECIDO. Boys with hoops on Chesnut Street. En Wikipedia. Dominio Público

ENTRE LIÑAS...



... anda o xogo!

Uxía (4º A), Frianciño e familia estiveron durante a fin de semana no lugar máis marabilloso para os cativos (alomenos, antes o era para os que xa peinamos canas): o Parque Infantil do Castro. E xogando, xogando, atopáronse entre liñas. Estas imáxenes tituláronas cruce de liñas. Se vos fixades saberedes por que.


Grazas, familia!



lunes, 30 de noviembre de 2015

EXPERIMENTANDO A PROPULSIÓN CON AIRE



Cos alumnos e alumnas de 2º A. 

O alumnado de 2º A aprendeu moitísimo e pasouno bomba construíndo o seu propio coche de propulsión con aire. Este foi o experimento que presentaron ós seus compañeiros de nivel.


PREPARANDO UNHA FELICITACIÓN POLO NADAL



Con Explain Everything.

Este curso, para celebrar o Nadal, cada aula vai preparar unha felicitación en forma de vídeo. Só haberá unha condición: construíla con formas e figuras xeométricas. Para iso empregaremos a app Explain Everything.

Pero... antes de empezar... atención! Segue estes pasos:
    1. Pensa ben que queres facer e prepara as túas ferramentas (imaxes, figuras...).
    2. Cando o teñas feito, comeza a gravar. 
O seguinte titorial axudarache a coñecer a app: 




E aquí deixámoste un exemplo elaborado deste xeito e explilcado paso a paso: 



Estamos desexando ver as vosas obras mestras...!

TINGUINDO FLORES



O experimento de 3º A.

Durante o seu experimento, os nenos e nenas de 3º A demostraron como tinguir flores.



APRENDENDO A CRUZAR A RÚA



Cos alumnos e alumnas de 2º A.

No seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 2º A cántannos unha canción, e, de paso, dannos algúns consellos para atravesar a rúa.


domingo, 29 de noviembre de 2015

APRENDENDO A FACER NEVE ARTIFICIAL



Cos alumnos e alumnas de 5º B.

No mes da ciencia, o alumnado de 5º B aprendeunos a facer neve artificial.



BLACK FRIDAY



A Nova da Semana.

Os alumnos de 6º A foron os encargados de analizar a Nova de Semana. E, como non, destacaron o Black Friday que se celebrou o venres 27, aínda que en numerosos negocios extendeuse durante os días precedentes e posteriores.


Imaxe: PURPLE SLOG. Black Friday graphic.  En Flickr. CC BY

XOGANDO Ó FÚTBOL CON FRIANCIÑO...



... descubrimos as matemáticas!

O noso compañeiro Diego (5 anosB) foi entrenar, a semana pasada, con Frianciño. Fixádevos no que nos conta:

Ola! Aquí están as miñas fotos!

Nos deportes temos moitas formas xeométricas.
A portería no campo de fútbol do Colexio Hogar en San Roque (Vigo) é un claro exemplo do rectángulo. E a miña pelota é unha esfera.



Moitas grazas, familia. Frianciño quedou encantado de practicar un pouco de deporte.