Durante novembro, coincidindo co Mes da tradición oral, os diferentes grupos do noso centro estiveron a investigar sobre xogos tradicionais galegos. Tratábase dunha auténtica tarefa de educación documental na que o proceso que seguiron foi:
- buscar información en bibliografía seleccionada ou na rede sobre xogos tradicionais galegos e seleccionar un;
- aprender a xogalo;
- cos ipad, documentar mediante fotografías as distintas fases do xogo;
- con frases sinxelas, explicar as instrucións do xogo, engadindo os materiais precisos e un resumo;
- empregar a app Snapguide para facer a guía do xogo.
O Xogo do Lorcho foi o elixido pola aula de 3º B. Así nolo explican:
Imaxe: DESCOÑECIDO. Boys with hoops on Chesnut Street. En Wikipedia. Dominio Público

No hay comentarios:
Publicar un comentario