GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 4 de diciembre de 2015

ELIXINDO O NOSO LOGO...



... nunha consulta popular.

Despois dos fermosos carteis realizados polo noso alumnado, hoxe chegou o día grande: a votación para elixir o que representará ó noso PDI deste curso: Entre liñas anda o xogo.

Durante estes últimos días, os rapaces tiveron tempo de pensar cal era o seu cartel favorito: no corridor estaba a exposición organizada polas profes Luz e Montse; e no blog, o post con toda a información necesaria.

Así pois, ás 12 da mañán constituíse a mesa electoral, presidida por Elisa, a xefa de estudios, e por dúas alumnas de 6º (no rol de secretaria) e 1º de Primaria. Os rapaces, moi formais, comezaron a emitir os seus votos dende os máis cativos ata os maiores, presentando o seu carnet da biblioteca.

No seguinte álbum poderedes comprobar o serios e responsables que estaban. Non sei se o día 20 os maiores saberemos facelo mellor.



Realmente, os cativos déronnos un gran exemplo: foron quen de votar non ó seu cartel, nin ó dos seus amigos, senón o que nos representaba a todos. E... quen nos representa a todos...? Quen identifica a toda a comunidade educativa do noso cole...? Frianciño!

Con 73 votos, este foi o cartel gañador, deseñado por un grupo de alumnos de 4º A



A moi pouca distancia (con 61 votos) quedou o segundo clasificado



Grazas a todos por un comportamento tan democrático e exquisito. 

Feliz Día da Constitución!

No hay comentarios: