... facemos unha votación.
O vindeiro día 6 de decembro celebraremos o Día da Constitución. No noso cole festexarémolo participando nunha importante votación: a elección do cartel que representará o PDI deste curso (Entre liñas anda o xogo).
1. Sabes que é unha constitución?
Pois son as normas supremas dun estado. É dicir: as normas que rixen a convivencia de todos os cidadáns e cidadás. Todos os habitantes dun país deben coñecer a súa constitución, para saber os seus dereitos e as súas obrigas.
2. Cando e como se aprobou a Constitución española?
A Constitución española aprobouse no ano 1978, despois dun proceso que tivo estas fases:
- os pais da Constitución (un grupo de sete políticos de todas as siglas) encargáronse da súa redacción;
- o 31 de outubro de 1978, o documento elaborado por este grupo foi aprobado polo Congreso e mais polo Senado;
- o 6 de decembro de 1978, o pobo español confirmou que estaba dacordo coa Constitución votando nun referendo;
- o 27 de decembro de 1978, o rei Juan Carlos firmou a Costitución.
3. Por que celebramos o Día da Constitución o 6 do nadal?
Esta resposta tes que adiviñala, aínda que, se estiveches moi atento ó que acabas de ler, seguro que xa a sabes.
Mais... por que cres que festexamos o 6 do nadal, e non o 31 de outubro ou o 27 de decembro? Seguro que entre toda a clase, e coa axuda dos vosos profes sodes quen de averigualo.
4. A soberanía nacional reside no pobo.
O artigo 1.2. da nosa Constitución afirma que a soberanía nacional reside no pobo. Isto quere dicir que os que mandan son os cidadáns e as cidadás.
O artigo 23.1. indica que os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente e por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal. Isto significa que todas as persoas maiores de idade do país, sexan do sexo, raza ou relixión que sexan, teñen dereito a participar nas eleccións para elixir ós seus representantes.
5. Imos votar!
O vindeiro día 20 de decembro as persoas maiores de 18 anos do noso país están convocadas para elixir ó presidente que nos gobernará nos próximos catro anos.
No noso cole queremos facer un sufraxio popular, pero non para elixir presidente, senón para decidir cal vai ser o cartel que representará ó PDI deste curso.
Para iso, a partir das 12 da mañán do venres día 4 de decembro, está convocado todo o alumnado para votar diante da mesa electoral constituída pola Xefa de estudios (que actuará como presidenta), un alumno de 6º (secretario) e outro de 1º (vocal).
6. Que votar?
Entre todos os carteis creados polo alumnado, os nove finalistas son estes:
7. Como votar?
Vas elixir o cartel que vai representar ó noso centro, así que cómpre ser moi responsable. Elixe o que mellor nos poida representar.
Fíxate no número do cartel que elixas, e escríbeo na túa papeleta. Acude á mesa electoral coa túa papeleta e o teu carnet da Biblioteca.

No hay comentarios:
Publicar un comentario