GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 20 de abril de 2014

PARCHÍS ORTOGRÁFICO




Un xogo organizado polo Voluntariado Bibliotecario. 

Durante as pasadas semanas desenvolveuse, co alumnado do Segundo Ciclo, o Concurso Ortográfico maxistralmente organizado por Aine, voluntaria bibliotecaria de 4º curso de Primaria. 

Antes de nada, preparáronse as Normas e a Cartelería, que se distribuíron polas aulas do ciclo: 



Nos meses de marzo e abril, durante os recreos, os participantes estiveron competindo entre eles. Logo, establecéronse as semifinais entre os vencedores de cada quenda. 

E, por último, xusto antes das vacacións de Semana Santa, os finalistas tiveron un derradeiro encontro. 

Aquí os vedes ós catro, felices e contentos: Xoan, Mario, Anxo e Antón, acompañados de Aine. Ó final, o vencedor resultó ser Anxo

Estas son algunhas imaxes da "contenda":



Parabéns... e grazas por participar!


No hay comentarios: