GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 27 de abril de 2014

JULES VERNE



O pai da ciencia ficción. 

Jules Verne foi un escritor francés que naceu en Nantes en 1828 e morreu en Amiens en 1905.

Aínda que comezou a estudiar para avogado (coma o seu pai), ó final decidíu deixar todo e adicarse á escritura. Deste xeito convertiríase nunha das plumas máis famosas da literatura de aventuras de todos os tempos. A extraordinaria documentación que manexaba para redactar os seus libros levoulle a imaxinar submariños e naves espaciais cando todavía non existían. Por iso é considerado un dos pais da ciencia ficción. 

Grazas a esa investigación tan minuciosa, Verne escribíu sobre a nosa ría nunha das súas obras máis afamadas: Vinte mil leguas baixo do mar (1869). Nela, o Capitán Nemo e os seus homes achéganse á Baía de Rande, onde recuperan tesouros procedentes dos galeóns afundidos.

Anos máis tarde, Verne visitou a nosa cidade coa súa familia. En lembranza destas viaxes e da súa obra, en Vigo existe unha fermosa escultura adicada a el. É a que ilustra este post, e que poderedes atopar no Peirao do Comercio, ó lado do Real Clube Náutico.

Na nosa biblioteca poderás atopar un montón de aventuras deste mago do relato. Preme neste enlace para elixir.

Boa lectura!

No hay comentarios: