GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 22 de abril de 2014

23 de abril: DÍA MUNDIAL DO LIBRO




Celebrámolo con Paco Martín

Este ano Paco Martín, escritor lucense e mestre antes de xubilarse, ofreceu como agasallo ás Bibliotecas Escolares de Galicia este texto titulado O libro.

Un dos parágrafos parece feito expresamente para nós e para o noso PDI. Por iso suliñámolo.




O código secreto que permite o acceso á sala de mandos da nave espacial explorada de futuros itinerarios siderais. 

A bambeante escada de corda e táboas coa que abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos na procura do eterno tesouro da ilusión. 

A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio. 

A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser...

O libro!


Feliz Día do Libro!

No hay comentarios: