GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 30 de abril de 2014

PRIMEIRA LECTURA DOS CLUBES DE 5º DE PRIMARIA




Compartindo Matilda. 

Á volta de Semana Santa, asentados xa novamente no trimestre, reunímonos os clubes de lectura de 5º curso de Primaria (iso si, un pouco minguados tras a "multitudinaria" sesión de presentación).

Ó redor de Matilda, e con algo de picar para que as ideas e as palabras fluíran mellor, xuntámonos durante o recreo e a Hora de Ler, en dúas xornadas, Os picatostes e Os filipinos.

Conclusión: a quen non lle gustan os clubes de lectura é que os ten probado pouco (como a tónica).



domingo, 27 de abril de 2014

JULES VERNE



O pai da ciencia ficción. 

Jules Verne foi un escritor francés que naceu en Nantes en 1828 e morreu en Amiens en 1905.

Aínda que comezou a estudiar para avogado (coma o seu pai), ó final decidíu deixar todo e adicarse á escritura. Deste xeito convertiríase nunha das plumas máis famosas da literatura de aventuras de todos os tempos. A extraordinaria documentación que manexaba para redactar os seus libros levoulle a imaxinar submariños e naves espaciais cando todavía non existían. Por iso é considerado un dos pais da ciencia ficción. 

Grazas a esa investigación tan minuciosa, Verne escribíu sobre a nosa ría nunha das súas obras máis afamadas: Vinte mil leguas baixo do mar (1869). Nela, o Capitán Nemo e os seus homes achéganse á Baía de Rande, onde recuperan tesouros procedentes dos galeóns afundidos.

Anos máis tarde, Verne visitou a nosa cidade coa súa familia. En lembranza destas viaxes e da súa obra, en Vigo existe unha fermosa escultura adicada a el. É a que ilustra este post, e que poderedes atopar no Peirao do Comercio, ó lado do Real Clube Náutico.

Na nosa biblioteca poderás atopar un montón de aventuras deste mago do relato. Preme neste enlace para elixir.

Boa lectura!

AVES MARIÑAS DE GALICIA



                                                                                                                                          Cristóbal Alvarado Minic

A investigación dos nenos e nenas de 2º curso de Primaria.

Co gallo do noso PDI deste curso (A lingua sabe a mar) os rapaces e rapazas de 2º curso de Primaria encargáronse de investigar sobre as Aves mariñas de Galicia.

Aquí está o resultado do seu intenso (e extenso) traballo.


Parabéns!

OS DE 2º A INVESTIGAN NA BIBLIOTECA



Queremos libros para investigar sobre...

Esa é unha das súas expresións favoritas.

Fóra das súas horas de Biblioteca, non resulta infrecuente que varios dos alumnos e alumnas de 2º A se acheguen a ela buscando información sobre un determinado tema que están a estudiar.

Hai un par de semanas, toda a clase foi sorprendida así, aproveitando que a biblioteca estaba baleira.


Non resulta emocionante?

jueves, 24 de abril de 2014

LENDO CIENCIA (A CONCIENCIA) NA BIBLIOTECA



Con Luisa Martínez, investigadora do CSIC.

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º curso de Primaria tiveron unha sorte fantástica: celebrar o Día do Libro con Luisa.

Luisa é unha entusiasta investigadora do CSIC que se achegou onda nós durante dous días para nos falar sobre o seu traballo. E fíxoo acompañada do que máis lle gusta: unha bolsa chea de libros, un microscopio e animais mariños.

Para comezar, contounos dous contos: A ola e Non quero ser un polbo!

E logo explicounos cousas do seu traballo. Para iso púxose luvas e mostrounos un polbo e unha lura.

A través do microscopio descubrimos como son os pequenos polbiños cando aínda son un ovo. Tamén vimos cabaliños de mar disecados. E o pico de ouro dun calamar xigante... iso si que é perigoso!

Rematou a sesión coa proxección de dous pequenos vídeos: o primeiro, sobre as estratexias que segue o polbo para protexer os seus ovos; e outro sobre os calamares xigantes. Uhm...! Mellor non se pór perto deles...! Cando se enfadan son temibles!




Estas marabillosas xornadas estiveron plagadas de curiosos "incidentes". Candela, Breogán e algún máis da súa clase falaron para a cámara de VTelevisión. Sen saber de que se trataba, os de 4 anos B chegaron dicindo que aquí cheira a "fish". Uns cantos decidiron que querían ser científicos. E Simón comentou ó seu pai: "Veu ó cole unha científica que se chama Luisa e metín o dedo na boca dun calamar xigante".

Resultou que o pai de Simón e Luisa eran vellos amigos. Aquí os tendes ós tres.


Por outra banda, non hai como ser alumnos bibliotecarios. Os rapaces de 6º que se achegaron hoxe á Biblioteca disfrutaron da boa disposición de Luisa, que aproveita calquera intre para divulgar esa ciencia que tanto ama. Así que eles (como xa son maiores) poideron investigar no microscopio ás súas anchas, sacar fotos... e falar con Luisa distendidamente! Lucas ten máis claro, cada día, que quere ser biólogo. 






Como recordo da súa visita ó noso cole, Simón agasallou a Luisa cun Frianciño (a nosa mascota). Non é un peixe, nin un polbo... pero, este ano, anda a trafegar no mar.




Grazas, Luisa, pola túa cercanía, pola túa amabilidade e boa disposición, e, sobre todo, por aprendernos a ler no Gran Libro da Ciencia. 

martes, 22 de abril de 2014

23 de abril: DÍA MUNDIAL DO LIBRO




Celebrámolo con Paco Martín

Este ano Paco Martín, escritor lucense e mestre antes de xubilarse, ofreceu como agasallo ás Bibliotecas Escolares de Galicia este texto titulado O libro.

Un dos parágrafos parece feito expresamente para nós e para o noso PDI. Por iso suliñámolo.




O código secreto que permite o acceso á sala de mandos da nave espacial explorada de futuros itinerarios siderais. 

A bambeante escada de corda e táboas coa que abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos na procura do eterno tesouro da ilusión. 

A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio. 

A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser...

O libro!


Feliz Día do Libro!

COMO ELABORAR UN TRABALLO ESCRITO


lunes, 21 de abril de 2014

TRABALLO DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL DE 4º A




Sobre as embarcacións tradicionais.

Os rapaces de 4º curso estiveron encargados de investigar sobre as Embarcacións tradicionais galegas.

Aquí está o traballo elaborado polos nenos e nenas de 4º A.



Parabéns, chicos!

domingo, 20 de abril de 2014

LENDO ESPERO



Imaxes espontáneas á hora de comer.

Durante o curso, con moita frecuencia, temos sorprendido ó noso alumnado esperando ós pais ou a hora de comer cun libro entre as mans.

Como resultan unhas imaxes tan entrañables e tan dignas de orgullo, queremos compartilas convosco.



Inda non vos "caeu a baba"?

FALANDO SOBRE MODELISMO NAVAL



Con Juan Carlos González Teijeiro, o pai de Anxo, Moisés e Gabriel.

Juan Carlos traballa en Barreras, os famosos astaleiros de Vigo. Pero, hai unhas semanas, achegouse xunto ós nenos e nenas de 5º de Primaria para falarlles sobre a súa afección: o modelismo naval.

Froito desta visita, aquí tendes a entrevista realizada pola rapazada:





As imaxes da xornada están recollidas neste álbum de fotos:




Grazas, Juan Carlos, por compartir a túa afección con todos nós!


ASÍ DE BEN TRABALLARON EN 2º A



Co gallo da Semana da Prensa.




Parabéns, chicos!



PARCHÍS ORTOGRÁFICO




Un xogo organizado polo Voluntariado Bibliotecario. 

Durante as pasadas semanas desenvolveuse, co alumnado do Segundo Ciclo, o Concurso Ortográfico maxistralmente organizado por Aine, voluntaria bibliotecaria de 4º curso de Primaria. 

Antes de nada, preparáronse as Normas e a Cartelería, que se distribuíron polas aulas do ciclo: 



Nos meses de marzo e abril, durante os recreos, os participantes estiveron competindo entre eles. Logo, establecéronse as semifinais entre os vencedores de cada quenda. 

E, por último, xusto antes das vacacións de Semana Santa, os finalistas tiveron un derradeiro encontro. 

Aquí os vedes ós catro, felices e contentos: Xoan, Mario, Anxo e Antón, acompañados de Aine. Ó final, o vencedor resultó ser Anxo

Estas son algunhas imaxes da "contenda":



Parabéns... e grazas por participar!


NOVOS CLUBES DE LECTURA EN 5º CURSO DE PRIMARIA



Coma sempre, acompañados dunha doce merenda. 

Semanas atrás reunímonos cos alumnos e alumnas de 5º de Primaria que se animaron a participar nesta nova convocatoria de Clubes de Lectura. Xuntámonos sobre a veintena, polo que constituímos dous grupos, que foron bautizados polos propios integrantes cos seguintes nomes:
      • Os Picatostes
      • Os Filipinos
Tería algo que ver a merenda...?

O caso é que, moi animados, levaron os seus exemplares de Matilda, e quedaron emprazados para a volta de Semana Santa. 



Xa traeremos novas do encontro...

A CATÁSTROFE DO PRESTIGE



Vista con 10 anos de perspectiva.

Alá polo mes de novembro, cando se cumprían 10 anos do afundimento do Prestige e cando se celebraba o xuízo pola catástrofe ecolóxica producida a consecuencia do mesmo, pedimos ós nenos e nenas de 4º curso que investigaran sobre este accidente.

Aquí temos os traballos elaborados polos rapaces de 4º A:


Parabéns!

sábado, 19 de abril de 2014

CATÁSTROFES ECOLÓXICAS NA COSTA GALEGA



Unha longa e funesta lista. 

Aló polo mes de novembro, coincidindo cos dez anos do afundimento do Prestige, propuxemos ó alumnado do 3º curso de Primaria investigar sobre os accidentes na costa galega que puxeron en grave perigo o medio mariño.

Talvez pola extensión do verquido e pola súa proximidade no tempo, o do Prestige sexa o incidente máis lembrado. Sen embargo, antes que este, existíu unha longa lista de accidentes que tinguiron de negro a nosa costa.

Aquí temos o traballo dun dos alumnos de 3º B:


Moi ben, chicos!

viernes, 18 de abril de 2014

A XOANIÑA ROSMONA



Nas Tardes de Conto.

Alejandro e Ainara, ambos alumnos de 4º curso de Primaria, estiveron contando o famoso conto de Eric Carle titulado A Xoaniña Rosmona na última sesión antes das vacacións de Semana Santa (o 9 de abril).

Despois do conto, obradoiro: modelado dos distintos personaxes. 

Unha tarde estupenda.



Grazas, Ainara e Alejandro. E grazas ó profe Jose, o puntual cronista.

ADIÓS, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ



Marchas rodeado dunha multitude de bolboretas amarelas.

Esta mañán amaneceu coa triste nova do pasamento de Gabriel García Márquez, Nóbel de Literatura e máximo expoñente do "realismo máxico".

A súa extensa obra queda para sempre connosco. E o aleteo de bolboretas amarelas perturba a tranquilidade desta tarde.

Había pasado mucho tiempo cuando vio la última mariposa amarilla destrozándose entre las aspas del ventilador y admitió con una verdad irremediable que Mauricio Babilonia había muerto.

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. Cien años de soledad. 


Descansa en paz, Gabo!

martes, 15 de abril de 2014

O CRISTO DE CANDÁS



Unha historia de familia.

A familia paterna de Haritz e Iván vive en Candás (Asturias). Na igrexa do pobo gárdase un famoso Cristo moi vencellado á súa familia. Queredes coñecer a súa longa historia...? Ambos os dous nolo contan neste vídeo.




Grazas, chicos! Que historia tan fantástica!

lunes, 14 de abril de 2014

O AFUNDIMENTO DO MAR DE MARÍN




A Nova da Semana de 5º B.

O pasado venres 4 de abril, os rapaces e rapazas de 5º B presentaron a súa Nova da Semana. Por desgraza, esa semana a nosa Ría estivo de actualidade, por mor da abordaxe e posterior afundimento do pesqueiro Mar de Marín.

Antes de gravar o seu programa de radio, os chicos levaron a cabo unha intensa labor de investigación que reflectiron nun mural que, agora, colga nos corridores do colexio. 


E aquí está o seu programa de radio:


Parabéns!

miércoles, 9 de abril de 2014

O GRÚFALO



Nas Tardes de Conto. 

O mércores 2 de abril tivemos outra sesión de contacontos. Marisol, a nai de Irene e Rocío tívonos encantados coa narración do conto El Grúfalo. Todos e todas poidemos disfrutar do inxenio do rato protagonista que deixou ben clariño que aínda que era pequeniño tiña moi graaaaandes as ideas.





Inspirándose no conto, nenas e nenos guiaron a Marisol na creación dun terrible monstro que... non asustou a ningúen! A continuación, con tesoiras, cartolina, rotuladores… elaboraron cadanseu monstruíño articulado para levar para a casa.



Grazas a Marisol, Rocío e Irene por esta tarde tan divertida. E grazas tamén á nosa reporteira María, polas fotos e a reseña. 

domingo, 6 de abril de 2014

BEA CONTOUNOS CONTOS EN INGLÉS



Nas Tardes de Conto.

O pasado xoves 27 de marzo Bea, a nai de Noa (2º B) e Aroa (5 anos B) achegouse onda nós a contarnos un conto.

Como estamos achegándonos á Pascua... que mellor que un conto en inglés sobre o coelliño de pascua...? E, como obradoiro, confeccionamos os nosos ovos.

Como vedes, tamén deu tempo de ventilarnos no patio.



Grazas, Bea!

jueves, 3 de abril de 2014

DOUS POEMAS DO MAR



Cos nenos e nenas de 1º A.

Hay dúas semanas, os nenos e nenas de 1º A presentaron o seu Venres de Viva Voz: dous poemas relacionados co mar.

Mirade que ben o fan:



miércoles, 2 de abril de 2014

MATEMÁTICAS CON ÁBACO





A Nova da Semana dos nenos e nenas de 3º B.

Hai dúas semanas foi o turno da Nova da Semana dos nenos e nenas de 3º B. A nova que elixiron referíase ós resultados do empleo do ábaco no ensino das Matemáticas. Para iso traballaron sobre unha nova aparecida en A Voz da Escola.

Tras analizala, cada rapaz traballou este formato periodístico, elaborando o seu propio artigo. Aquí tendes unha pequena mostra:



Por último, prepararon o seu programa de radio:


Un exemplo magnífico sobre o traballo coas competencia lingüística (comprensión oral, expresión escrita, expresión oral) e matemática.

Parabéns!