GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 19 de enero de 2014

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS?




Lembras todos e peixes e mariscos que temos coñecido durante o Primeiro Trimestre?

Refresca os teus coñecementos e afina o teu ouvido. (Se o precisas, podes consultar previamente o vídeo titulado Peixes e Mariscos do Nadal). A rima axudarache a atopar a palabra axeitada.

Cando saibas todas as contestacións, cubre o formulario, e participa no xogo!

1

Ameixiñas si, 
ameixiñas non, 
o que as queira 
que baixe o _ _ _ _ _

                    2

Non me mates con tomate, 
mátame con _ _ _ _ _ _ _ _;
non o botes a remollo 
que a min gústame salgado. 
3                 

O cura de Teis 
foi ós _ _ _ _ _ _ _ _ _, 
bateu cunha pedra
rachou os calzóns. 
4

Polo mar vai un peixiño, 
polo mar vai un pescado, 
que lle chaman _ _ _ _ _ _ _ _ _.
                   5
               
Que farán os cataláns, 
que este ano non ten _ _ _ _ _ _ ?
Andarán polos camiños,
tirando pedras ós cans. 
6                      

Unhas van para Cambados
outras para Samieira; 
unhas van con empanadas, 
outras con cunchas _ _ _ _ _ _ _.
7

Os suspiros dunha mincha, 
as bágoas dun mexillón, 
os cantares dun percebe
fan chorar un _ _ _ _ _ _ _.





Se tes problemas para cubrir o anterior formulario, podes intentalo directamente neste enlace. 




No hay comentarios: