GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 19 de enero de 2014

DEFENDENDO O NOSO MAR



O noso mar é unha fonte de riqueza... inagotable?

O 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

A xustiza é o fundamento da paz. E as accións que atentan contra a Natureza acaban provocando situacións de inxustiza que sufren os colectivos humanos máis vulnerables.

Xa que o noso PDI deste curso trata sobre o mar, queremos pararnos a reflexionar sobre as actitudes que atentan contra os océanos, e, en definitiva, contra a Humanidade.

Estas son as nosas propostas para traballar:

      • No documental titulado A realidade dos océanos os rapaces e rapazas do Primeiro Ciclo poderán comprobar os efectos da sobreexplotación. (Consulta a proposta neste enlace). 
      • Os do Segundo Ciclo aprenderán sobre as catástrofes petrolíferas que teñen afectado á nosa Comunidade Autónoma, a partir do vídeo titulado Efectos do Prestige no pobo de Aguiño. (Consulta a proposta neste enlace).
      • No Terceiro Ciclo concienciarémonos sobre a degradación dos fondos mariños despois de visionar o vídeo titulado Impacto humano sobre o medio mariño. (Consulta a proposta neste enlace).
Por último, todo o centro concienciarase sobre este asunto coa canción Pintando acuarelas, que temos aprendido na clase de Música:




Se premes neste enlace poderás aprender a letra, publicada no blog da Aula de Música. 

No hay comentarios: