GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 30 de enero de 2014

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ



Lembrando a Nelson Mandela e o accidente do Prestige.

Durante os últimos días, estes temas traballáronse en todos os cursos, partindo das propostas do Departamento de Orientación e do Equipo de Biblioteca.

E, aínda que o tempo non acompañou, a celebración resultou entrañable.

Ás 13:00 horas reunímonos todos no Salón de Actos (tamén as familias que nos quixeron acompañar). Alí os rapaces de comezaron lendo a biografía de Nelson Mandela, e algunhas das súas frases máis célebres.

Logo, os alumnos e alumnas de 5º B actualizaron o accidente do Prestige, recitando os versos escritos hai dez anos polos nenos que participaron no libro Nunca máis! A ollada da infancia.

Foi espectacular a intensidade do silencio que reinaba entre o público, incluso entre os máis cativos, mentras escoitaban falar ós maiores sobre Mandela e a Marea Negra.

E o final, estremecedor. Todos cantando con entusiasmo a nosa canción deste curso: Pintando acuarelas. E aínda que as fotos non canten, si que constitúen unha evidencia da intensidade do momento vivido.

Feliz Día da Paz!

No hay comentarios: