Dous alumnos do IES Leliadoura de Aguiño (unha das zonas máis afectadas polo afundimento) lembran eses días negros coma o chapapote.
Fíxate moito e descobre tres consecuencias do impacto medioambiental causado polo verquido.
Máis... por desgraza, esta non foi a primeira das catástrofes que sufríu a nosa costa. Nomes coma o Polycommander, o Urquiola, Andros Patria, Casón ou Mar Exeo completan esta crónica negra.
Completa este cadro cos datos máis salientables sobre estes naufraxios.
Axúdate da información que atoparás nestes enlaces:
- O accidente do Andros Patrias
- O accidente do Casón
- O accidente do Prestige
- O accidente do Policommander
- Principais desastres ecolóxicos na Historia
- Historia do transporte de crudo por mar
Agora fai contas:
- cal dos buques levaba máis carga?
- cal verteu ó mar máis produto contaminante?
- cal non levaba crudo?
- cal dos accidentes afectou a unha extensión maior de costa?
- entre o accidente do Polycommander e o do Prestige, con que media de anos se ten producido un accidente destas características en Galicia?
Fai un mapa da costa galega indicando:
- os lugares dos accidentes;
- os anos nos que se produciron;
- as zonas afectadas pola marea negra;
- as rutas de procedencia e destino dos buques sinestrados.
Se es quen de completar todas as probas, achégate á Biblioteca. Frianciño recompensarate dun xeito especial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario