GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 31 de enero de 2014

ENTENDENDO REFRÁNS SOBRE O MAR



Cos rapaces e rapazas de 3º A.

O pasado venres os nenos e nenas de 3º A prepararon, para o seu Venres de Viva Voz, unha recopilación de refráns mariñeiros. Acompañáronos da súa respectiva explicación.

Remataron cantando Catro vellos mariñeiros, como non...




Parabéns, chicos!

jueves, 30 de enero de 2014

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ



Lembrando a Nelson Mandela e o accidente do Prestige.

Durante os últimos días, estes temas traballáronse en todos os cursos, partindo das propostas do Departamento de Orientación e do Equipo de Biblioteca.

E, aínda que o tempo non acompañou, a celebración resultou entrañable.

Ás 13:00 horas reunímonos todos no Salón de Actos (tamén as familias que nos quixeron acompañar). Alí os rapaces de comezaron lendo a biografía de Nelson Mandela, e algunhas das súas frases máis célebres.

Logo, os alumnos e alumnas de 5º B actualizaron o accidente do Prestige, recitando os versos escritos hai dez anos polos nenos que participaron no libro Nunca máis! A ollada da infancia.

Foi espectacular a intensidade do silencio que reinaba entre o público, incluso entre os máis cativos, mentras escoitaban falar ós maiores sobre Mandela e a Marea Negra.

E o final, estremecedor. Todos cantando con entusiasmo a nosa canción deste curso: Pintando acuarelas. E aínda que as fotos non canten, si que constitúen unha evidencia da intensidade do momento vivido.

Feliz Día da Paz!

miércoles, 29 de enero de 2014

MENUDO AGASALLO!



Unha maxistral obra de animación: Enrugas.

O pasado luns, o programa Versión original (TVE-2) programaba esta fermosa película dirixida por Paco Roca. Trata sobre a amistade de dous anciáns, un deles afectado incipientemente do mal de Alzheimer.

Agora, TVE-2 ofrécenola ata o día 12 de febreiro.

Que esperades para vela...?



martes, 28 de enero de 2014

30 DE XANEIRO: DÍA DA ILUSTRACIÓN




Promovido por primeira vez pola Consellería de Educación.

Por que o 30 de xaneiro...? Por ser a data do nacemento dun dos nosos máis famosos ilustradores: Castelao.

Para celebralo, a Consellería publica este cartaz ilustrado por Miguelanxo Prado, e o complementa cunha ampla selección de actividades en todas as bibliotecas nodais de Galicia. (Consulta aquí a programación).

En Vigo haberá exposición e obradoiros.

Que esperas para apuntarte...?

O REMEDIO PARA OS TEUS PROBLEMAS



O libro!

Un simpático vídeo que coñecimos grazas a Asun Arufe, da biblioteca escolar do CPI de Viaño Pequeno.

Que o disfrutedes!






lunes, 27 de enero de 2014

O TROTAAUGAS...




... viaxa caras ás Gándaras de Budiño.

Esta foi a historia que, esta tarde, nos contou Alejandro, de 4º A. Unha historia para nenos e nenas que, coma el, aman a natureza e están moi implicados na súa conservación.

Despois do conto, obradoiro: fermosos animais de plastilina como o que amosa Paula.

domingo, 26 de enero de 2014

NO MAR DA CORUÑA



A crónica da profe Luz. 

O mércores día 22 os nenos e as nenas devisitamos a Casa das Ciencias, o Planetario, o Domus e o Acuario en A Coruña. Había tantas cousas que ver, coñecer, aprender e comprender que non sabiamos por onde empezar. 

A verdade é que foi una saída moi interesante e completa. 

Nas fotos poderedes ver o ben que o pasamos.



jueves, 23 de enero de 2014

CONTACONTOS INTERNACIONAL




Con Beatriz, a nai de Noa e de Aroa. 

O pasado luns día 20 Beatriz, a nai de Noa (2º de Primaria) e Aroa (4 anos) acudiu ó colexio para nos contar un conto en inglés: Catch that Kitten! Grazas a el os nenos aprenderon o nome dos animais e das súas crías en inglés.

Logo tocou o turno a outros contos: os rapaces tiñan que identificar ós diferentes animais polos seus sons... Doado, non...? Pois estades ben equivocados: en inglés o son dos animais pronúnciase de diferente xeito que en español.

Tras o vocabulario e os sons... empregamos o tacto para identificar os diferentes animais. E, para rematar, cantamos unha canción para aplicar todo o aprendido.

Rematamos a tarde pintando gatiños e facendo cestiños.



martes, 21 de enero de 2014

OUTRA VEZ NA GALEGA



O domingo 19 de xaneiro de 2014. 

Esa sobremesa, a Televisión de Galicia voltou falar sobre o Premio Nacional recibido polo noso centro. O día e a hora (por tratarse dun domingo, día familiar por excelencia no que a familia come xunta) impediron que moitos de vós poidérades seguilo.

As novas tecnoloxías e a Televisión á Carta permítennos ter a oportunidade de disfrutar, de novo, desta pequena reportaxe. Podedes disfrutalo premendo no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/reportaxes-locais-15

Atoparás a reportaxe a partir do minuto 5:06. 



CÍES, OUTRA VEZ NA NOVA DA SEMANA




O cámping de Cíes, dos mellores do mundo.

Isto foi o que nos contaron os rapaces e rapazas de 6º B, que, para a súa Nova da Semana, fixeron referencia a unha información recollida no Guardian, o famoso rotativo británico.



Grazas, chicos!

domingo, 19 de enero de 2014

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS?




Lembras todos e peixes e mariscos que temos coñecido durante o Primeiro Trimestre?

Refresca os teus coñecementos e afina o teu ouvido. (Se o precisas, podes consultar previamente o vídeo titulado Peixes e Mariscos do Nadal). A rima axudarache a atopar a palabra axeitada.

Cando saibas todas as contestacións, cubre o formulario, e participa no xogo!

1

Ameixiñas si, 
ameixiñas non, 
o que as queira 
que baixe o _ _ _ _ _

                    2

Non me mates con tomate, 
mátame con _ _ _ _ _ _ _ _;
non o botes a remollo 
que a min gústame salgado. 
3                 

O cura de Teis 
foi ós _ _ _ _ _ _ _ _ _, 
bateu cunha pedra
rachou os calzóns. 
4

Polo mar vai un peixiño, 
polo mar vai un pescado, 
que lle chaman _ _ _ _ _ _ _ _ _.
                   5
               
Que farán os cataláns, 
que este ano non ten _ _ _ _ _ _ ?
Andarán polos camiños,
tirando pedras ós cans. 
6                      

Unhas van para Cambados
outras para Samieira; 
unhas van con empanadas, 
outras con cunchas _ _ _ _ _ _ _.
7

Os suspiros dunha mincha, 
as bágoas dun mexillón, 
os cantares dun percebe
fan chorar un _ _ _ _ _ _ _.





Se tes problemas para cubrir o anterior formulario, podes intentalo directamente neste enlace. 




UN ALFABETO DE POEMAS



No Venres de Viva Voz.

O primeiro Venres de Viva Voz de 2014 estivo a cargo do alumnado de 2º B de Primaria. Consistíu no recitado dun poemario adicado ó alfabeto.

Aquí os tendes a todos.





Parabéns, chicos!

A CEBRA CAMILA



Comezou o ano 2014 cunha fantástica sesión de contacontos.

Lara e a súa nai viñeron, na tarde do 13 de xaneiro, a nos contar o conto da Cebra Camila. Como vedes, o numeroso público participou logo nas actividades propostas.



Grazas, Lara (e mamá)!


DEFENDENDO O NOSO MAR



O noso mar é unha fonte de riqueza... inagotable?

O 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

A xustiza é o fundamento da paz. E as accións que atentan contra a Natureza acaban provocando situacións de inxustiza que sufren os colectivos humanos máis vulnerables.

Xa que o noso PDI deste curso trata sobre o mar, queremos pararnos a reflexionar sobre as actitudes que atentan contra os océanos, e, en definitiva, contra a Humanidade.

Estas son as nosas propostas para traballar:

      • No documental titulado A realidade dos océanos os rapaces e rapazas do Primeiro Ciclo poderán comprobar os efectos da sobreexplotación. (Consulta a proposta neste enlace). 
      • Os do Segundo Ciclo aprenderán sobre as catástrofes petrolíferas que teñen afectado á nosa Comunidade Autónoma, a partir do vídeo titulado Efectos do Prestige no pobo de Aguiño. (Consulta a proposta neste enlace).
      • No Terceiro Ciclo concienciarémonos sobre a degradación dos fondos mariños despois de visionar o vídeo titulado Impacto humano sobre o medio mariño. (Consulta a proposta neste enlace).
Por último, todo o centro concienciarase sobre este asunto coa canción Pintando acuarelas, que temos aprendido na clase de Música:




Se premes neste enlace poderás aprender a letra, publicada no blog da Aula de Música. 

jueves, 16 de enero de 2014

BUSCANDO INFORMACIÓN NOS DOCUMENTOS IMPRESOS



No Segundo Trimestre comezamos as actividades de Educación Documental propiamente ditas.

Cada nivel xa ten adxudicado o tema que vai traballar. Existe tamén numerosa documentación seleccionada. Mais... como buscar nos documentos escritos...?

Temos elaborado este titorial para que o alumnado do Segundo e Terceiro Ciclos de Primaria aprendan a obter os mellores resultados nas súas búsquedas documentais.


martes, 14 de enero de 2014

A DEGRADACIÓN DO MEDIO MARIÑO



Conciénciate e loita por preservalo!

O mar é un agasallo que temos recibido das xeracións precedentes. E temos a obriga de transmitirllo ós nosos fillos e fillas nas mesmas condicións nas que o recibimos.

Sen embargo, cada ano os fondos mariños empobrécense máis e máis. As razóns desta situación son principalmente catro:

        • a alta demanda de pescado; 
        • o uso de produtos químicos na vida cotiá e na agricultura; 
        • o transporte marítimo a grandes distancias; 
        • o turismo. 
Fíxate ben no seguinte vídeo. Comprende estas situacións e conciénciate sobre elas. 




Despois deste vídeo... ten cambiado a túa opinión sobre algunhas cousas...? 

Intenta concienciar a outros. Crea algúns slogans cos que concienciar a outros, e logo emprégaos en pósters publicitarios. Podes facelos dixitalmente coa ferramenta chamada Glogster

Frianciño premiará a túa participación.




CATÁSTROFES ECOLÓXICAS NA NOSA COSTA



No 2012 celebrouse o xuízo polo afundimento do Prestige, un dos maiores desastres ecolóxicos acaecidos nas nosas costas.

Dous alumnos do IES Leliadoura de Aguiño (unha das zonas máis afectadas polo afundimento) lembran eses días negros coma o chapapote.

Fíxate moito e descobre tres consecuencias do impacto medioambiental causado polo verquido.




Máis... por desgraza, esta non foi a primeira das catástrofes que sufríu a nosa costa. Nomes coma o Polycommander, o Urquiola, Andros Patria, Casón ou Mar Exeo completan esta crónica negra. 

Completa este cadro cos datos máis salientables sobre estes naufraxios.





Axúdate da información que atoparás nestes enlaces:


Agora fai contas: 
  • cal dos buques levaba máis carga?
  • cal verteu ó mar máis produto contaminante?
  • cal non levaba crudo?
  • cal dos accidentes afectou a unha extensión maior de costa?
  • entre o accidente do Polycommander e o do Prestige, con que media de anos se ten producido un accidente destas características en Galicia?

Fai un mapa da costa galega indicando: 
  • os lugares dos accidentes;
  • os anos nos que se produciron; 
  • as zonas afectadas pola marea negra; 
  • as rutas de procedencia e destino dos buques sinestrados. 
Se es quen de completar todas as probas, achégate á Biblioteca. Frianciño recompensarate dun xeito especial. 




lunes, 13 de enero de 2014

ABANEÁNDONOS NO MAR DA AROUSA



Poemas do alumnado do Segundo Ciclo.

A partir do poema de Álvaro Cunqueiro titulado A dorna vai e ven, os nenos e nenas do Segundo Ciclo de Primaria crearon os seus propios versos.

Aquí tendes unha pequena selección.


Parabéns, chicos!


domingo, 12 de enero de 2014

OS NENOS ESTABAN SÓS




Un agasallo nas nosas Mochilas Viaxeiras.

Como sabedes, todas as mochilas viaxeiras van acompañadas dun caderno viaxeiro no que as familias escriben os seus comentarios.

O trimestre pasado atopamos un agasallo fermoso na mochila que devolvía o noso alumno Noel (5º A): un conto de Paulo Coello titulado Los niños estaban solos.

Un conto para maiores. Así que o compartimos aquí con todos os papás e mamás que, semana a semana, colaborades connosco nesta marabillosa tarefa que é promocionar a lectura entre os nenos e as nenas.


Su madre se había marchado por la mañana temprano y los había dejado al cuidado de Marina, una joven de dieciocho años a la que a veces contrataba por unas horas para hacerse cargo de ellos a cambio de unos pocos pesos.

Desde que el padre había muerto, los tiempos eran demasiado duros como para arriesgar el trabajo faltando cada vez que la abuela se enfermaba o se ausentaba de la ciudad.
Cuando el novio de la jovencita llamó para invitarla a un paseo en su coche nuevo, Marina no dudo demasiado. Después de todo los niños estaban durmiendo como cada tarde y no se despertarían hasta las cinco.
Apenas escucho la bocina cogió su bolso y descolgó el teléfono. Tomo la precaución de cerrar la puerta del cuarto y se guardo la llave en el bolsillo. Ella no quería arriesgarse a que Pancho se despertara y bajara las escaleras para buscarla, porque después de todo tenia solo seis años y en un descuido podía tropezar y lastimarse. Además, pensó, si eso sucediera, ¿como le explicaría a su madre que el niño no la había encontrado?
Quizás fue un cortocircuito en el televisor encendido o alguna de las luces de la sala, o tal vez una chispa en el hogar de leña; el caso es que cuando las cortinas empezaron a arder el fuego rápidamente alcanzo la escalera de madera que conducía a los dormitorios. La tos del bebe debido al humo que se filtraba por debajo de la puerta lo despertó. Sin pensar, Pancho salto de la cama y forcejeo con el picaporte para abrir la puerta pero no pudo.
De todos modos, si lo hubiera conseguido, el y su hermanito de meses hubieran sido devorados por las llamas en pocos minutos. Pancho grito llamando a Marina, pero nadie contesto su llamada de auxilio. Así que corrió al teléfono que había en el cuarto (el sabia como marcar el numero de su mama) pero no había línea. El niño se dio cuenta que debía sacar a su hermanito de allí. Intento abrir la ventana que daba a la cornisa, pero era imposible para sus pequeñas manos destrabar el seguro y aunque lo hubiera conseguido aun debía soltar la malla de alambre que sus padres habían instalado como protección.
Aun así el niño, cogió un perchero que tenia forma de oso y con todas sus fuerzas rompí el cristal y la tela metálica…. cogió la mochila del colegio vació lo que había dentro y metió en ella a su hermanito…. acercó una silla a la ventana y salió por ella…. Logró agarrarse a la rama de un árbol y con mucho cuidado bajó por él….
Cuando los bomberos terminaron de apagar el incendio, el tema de conversación de todos era el mismo: “¿Como pudo ese niño tan pequeño romper el vidrio y luego el enrejado con el perchero? ¿Como pudo cargar al bebe en la mochila? ¿Como pudo caminar por la cornisa con semejante peso y bajar por el árbol? ¿Como pudo salvar su vida y la de su hermano?”
El viejo jefe de bomberos, hombre sabio y respetado les dio la respuesta:  

- El niño  estaba solo… No tenía a ningún adulto que le dijera que no iba a poder…

Fermoso, verdade...? E con moito para aprender. 

Queredes contarnos o que nos suxire...?


APRENDEMOS A BUSCAR NO CATÁLOGO VIRTUAL



Aprender a manexar o catálogo virtual é importante para buscar información.

Nas vindeiras semanas comezaremos a buscar información para elaborar o noso traballo de Educación Documental. Ademais de empregar a Internet debemos tomar datos de documentos impresos existentes na nosa Biblioteca.

Pero... que documentos...?

Neste titorial atoparás as claves para saber como facelo.

Boa pescuda!


viernes, 10 de enero de 2014

"A LINGUA SABE A PAN" EN BIBLOGTECARIOS



Non sabes que é BiBlogtecarios?

Un proxecto colaborativo para expertos en Biblioteconomía e Documentación. Un interesante exemplo de traballo en equipo.

O noso PDI A lingua sabe a pan ten interesado a estes profesionais, polo que o noso cole é o protagonista dun post no seu blog. Moitas grazas pola oportunidade que nos dades, e polo interese que o noso traballo ten suscitado entre vós.

Podedes consultar o artigo neste enlace:

jueves, 9 de enero de 2014

AVEIRO: DA RIQUEZA Á RUÍNA



Que ocurre cando pescamos máis da conta, sen respectar as tallas nin as vedas...?

Existe unha cidade en Portugal chamada Aveiro. Hai catro séculos era o porto base da meirande flota pesqueira en alta mar, especializada no bacallao. Sabedes en que se ten convertido...?

Estade moi atentos a este vídeo titulado A realidade dos Océanos para contestar ás preguntas que vos faga o profesor. (Podes comezar no minuto 2: 45).




Agora escribe unha carta a Frianciño e cóntalle como debemos comportarnos co mar para que non ocurran estas cousas. Remata cun pareado a modo de lema

GCIENCIA




Unha publicación electrónica para difundir a ciencia galega. 

Cun formato moi atractivo chega a nós (a través das Asesoras de Bibliotecas Escolares) GCiencia, un novo medio de divulgación científica feito dende Galicia que emprega a linguaxe audiovisual e o formato periodístico.

Nós xa temos atopado abundante documentación para o noso PDI deste curso (A lingua sabe a mar). Por iso temos recollido a sección adicada ó mar neste enlace.

Non perdades de vista esta dirección web:



Longa vida, GCiencia!




miércoles, 8 de enero de 2014

AFLORAMENTOS E CAMBIO CLIMÁTICO





Algunha vez faláronvos dos afloramentos e non acabastes de entender en que consistían?

Neste vídeo elaborado por un equipo multidisciplinar de científicos atopamos unha explicación moi sinxela sobre o que son os afloramentos, a importancia que teñen para a existencia duns bancos mariños ricos e os perigos que o cambio climático pode ocasionar.





miércoles, 1 de enero de 2014

PEIXES E MARISCOS DO NADAL




O noso traballo de investigación para celebrar estas datas.

Para preparar o Nadal, os alumnos e alumnas do noso cole teñen investigado sobre os peixes e mariscos máis apreciados na nosa mesa polo Nadal.

Un auténtico traballo de Educación Documental.




Felices e saborosas festas!