Por cortesía da Editorial Everest, estivo cos alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria para compartir as impresións que nos suscitou a lectura de Blanca, la nueva del equipo.
Os que tivemos a sorte de asistir á súa charla só podemos dicir que saímos entusiasmados. O seu dominio no rasgado do papel e na elaboración de ilustracións enfeitizounos. Pero, ademais, entre rasgado e rasgado, entre pegado e pegado, foi sementando unhas reflexións moi útiles para o noso traballo e a nosa vida.
O seu discurso desenvolveuse en torno a tres ideas:
- escoitar a obra de arte: deixarnos interpelar por ela, descubrir que é o que nos pide;
- traballar máis: ser autoesixentes, non nos conformar con calqueira cousa, intentar sempre mellorar;
- coñecernos: autoexplorarnos, descubrir o que nos fai únicos e o que temos que mellorar.
Un discurso que, como o libro de Blanca, nace da vida e revirte na vida.
Ademais de deixarnos un agasallo precioso, Violeta tamén nos deixou unha grande ensinanza. Esperemos darlle bo uso!

No hay comentarios:
Publicar un comentario