GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 3 de mayo de 2013

OS ALUMNOS E ALUMNAS DO IES CÓNTANNOS CONTOS




Con Henar e Maite, as súas profesoras, ó frente.

O luns e martes pasados (28 e 29 de abril) estiveron compartindo a mañán connosco os membros do Clube de Lectura de 3º da ESO do noso IES de referencia (República Oriental do Uruguai). Isto permitiunos retomar o contacto con algúns dos nosos alumnos máis queridos: Alba, as Saras, Vicente, Alicia... que estiveron acompañados por dúas novas compañeiras: Ana e María.

Con moita ilusión e moito traballo prepararon para os máis cativos os contos de Garavanciño e A Mosca Chosca. E para os de 1º curso de Primaria, Os catro amigos e O galo Quirico.

Rematado o conto, axudaron á rapazada a desenvolver as actividades que tiñan preparadas. E gozaron todos: os cativiños e os invitados.

Como é de ben nados ser agradecidos, o seu esforzo foi premiado cunha pequena merenda e cun agasallo que lles entregou Olga, a nosa directora.




Moitas grazas, chicos e profes, por esta mañán tan deliciosa e engaiolante!

No hay comentarios: