Porque de todo iso falamos na primeira xuntanza do noso segundo clube de lectura: Os libros molan.
Reunímonos ó redor das mesas da biblioteca para falar de Os Megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña. Unha lectura que nos entusiasmou, porque non podiamos imaxinar tanta riqueza agachada. E temos que manifestar o asombro das tres profes que estabamos mediando (Luz, Montse e Mónica) ante o moito que os nosos alumnos saben de superheroes, de cine e de cómic.
Mágoa que o tempo pasara tan rápido, porque quedaba moito por falar. Pero o que quedou no peto podemos comentalo por escrito, aquí mesmo. Así que... rapaces e rapazas... vosa é a palabra!

8 comentarios:
O libro gustoume moito porque, houbo moita aventura e porque vencerón todos xuntos a Drunxel, e a historia estubo moi animada.
O libro gustoume moito porque, houbo moita aventura e porque vencerón todos xuntos a Drunxel, e a historia estubo moi animada.
A min o libro parecéume moi interesante e emocionante e os aconsellaria que o lerades para saber mellor de que vai
Este libro encantóume porque... foi moi divertido imaxinar por exemplo, a pelea contra Drunxel, que por certo comentamos que nos parecía o Jocker da película Batman. O libro é unha caixa de sorpesas eu cando chegaron a prehistoria imaxinábame que lucharían contra algo, pero non contra un diaño líquido, e despois seguido contra un gasoso. Foi unha aventura apaisonante, pero ao principo enrolouse un poucoco ca presentación dos persoaxes.
O libro me gustou moito porque trata de aventura, da amistade que hai entre amigos, da fantasia, do amor.
O que non me gustou moito foi o principio porque non te explica moi ben como son os personaxes pero a min me encantou.
A min gustoume moito o libro e foi unha sensación increible club de lectura.
Gustoume moito o libro e como todo os lectores falabamos do libro en conxunto
O libro dos megatoxos, a min gustóume moito de nota poñolle un nove, o meu perxonase favorito e Lúa, porque lle gusta o surf como a min, Ninfa, Ruxe e Faisca non tanto.
Publicar un comentario