Este ano, o Domingo de Pascua coincide o 31 de marzo.
Pero... sabedes que, na Tradición Oral, os domingos de Coresma teñen nome propio...?
Aquí os temos "fresquiños", grazas á profe Elisa, tal e como coincidiron este ano:
- 17 de febreiro: Ana
- 24 de febreiro: Badana
- 3 de marzo: Rebeca
- 10 de marzo: Susana
- 17 de marzo: Lázaro
- 24 de marzo: Ramos
- 31 de marzo: Pascua
Son sete domingos, que comezan a contar no domingo seguinte ó Martes de Entroido e ó Mércores de Cinza.
E aquí tendes o dito tal e como nolo contou a profe Elisa:
Ana, Badana, Rebeca,
Susana, Lázaro, Ramos,
en Pascuas estamos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario