GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 2 de marzo de 2013

UN CLUBE DE LECTURA CON TANIS I COMO PROTAGONISTA


Os Lectores do Frian reuníronse o último día do mes de febreiro para falar sobre este libro de Manuel Lourenzo

Coma sempre co acompañamento duns petiscos, falamos dos segredos e das impresións que nos produciu a lectura de Tanis I o Mocos. Un libro que, a pesar de ter sido escrito en 1998 está de plena actualidade. Será que o autor ten un pouco de meigo e un moito de adiviño...?

Despois de moito falar, rematamos con este vídeo sobre a estética punkie, o estilismo favorito de Tanis.



Aquí tendes algunhas fotos da xuntanza.




E non vos contamos máis. 

Esperamos que os protagonistas, cos comentarios a esta nova, sexan quen de vos transmitir con máis exactitude e entusiasmo as súas impresións e comentarios. 

10 comentarios:

Unknown dijo...

A min este libro encantoume aunque
imaxinadevos que a miña nai non
soe ler libros pero este o leeu e lle
encantou

Unknown dijo...

A min encantoume porque reflexa a realidade

Unknown dijo...

A min non gustouma moito porque as palabras que dicía Tanis non se entendían moito. E tamén porque era un príncipe punk que incumpía as normas.

Unknown dijo...

Pois eu estive ahí e molou moito porque falamos todos sobre o libro e tamén deronós de merendar e aínda que me perdín o recreo tamén o pasei moi ben.

Unknown dijo...

É un libro difícil de entender, polas palabras inexistentes no meu vocabulario.
Iso de entrada, logo xa gustóume algunhas cousas máis, como que quería ser chamado tío ou algo semellante.

Unknown dijo...

Gustoume moito, aínda que perdín un recreo, estube falando dun libro que lin. Foi primeir vez que fun un clube de lectura, estuve nervioso. Aunque aún así gustoume.
Anxo P.B. 5ºA

Unknown dijo...

É moi divertido porque Tanis e un adolescente puncki e a súa noiva intenta
que cambie e despois el cambia e ela convértese en puncki eu recoméndovos que o leais. Eu son Sara de 5ºA.

Unknown dijo...

Gustóume moito porque é un libro que ensínanos que hai moita xente que cambia por amor.E iso non o fai toda a xente e debería facelo.

Unknown dijo...

Eu son d@s que leron ese libro...
"Tanis I o Mocos" é un libro que trata sobre a idade do "pavo", os punks,e do amor.
Un libro moi interesane para a nosa idade.

O recomendo para os maiores de 10 anos.


HELENA M. H. ;)

Unknown dijo...

A min encántame ler, e cando entereime de que ían facer un club de lectura no colexio non dudeino, tíñame que apuntar desequido. O libro, "Tanis 1 o mocos"gustóume moito, o libro e diferente que os demais.E moi divertido porque Tanis é diferente "o antónimo" que un principe normal e corrente.