Para festexalo como é debido, temos programado unha actividade lúdico - creativa.
En primeiro intre, leremos o conto creado pola nosa compañeira Charo, titulado A historia de Cunquiña. Esta historia transportaranos a Mondoñedo, onde coñeceremos a Álvaro Cunqueiro, quen este curso está a nos acompañar no noso Proxecto Documental Integrado.
Para coñecer máis polo miúdo a este grande escritor tan vencellado á nosa cidade, achegámosvos este curto vídeo. É un dos capítulos do fantástico programa Ben falado (CRTG).
E para rematar, aquí tendes un pequeno agasallo: trátase dunha divertida curta de animación realizada por Virginia Curiá e Tomás Conde. Está inspirada nun relato de Álvaro Cunqueiro, un grande coñecedor de personaxes máxicos. O seu título: Alistán, o demo oveiro. Seguro que pasades un rato moi divertido.
Feliz Día (e Semana) das Bibliotecas Escolares.
E... preparados para seguir creando, porque o conto dará para moito máis...!

1 comentario:
Gustoume moito o traballo que fixemos hoxe na biblioteca. Aprendín moito.
Publicar un comentario