GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 29 de octubre de 2012

E NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COÑECIMOS A CUNQUIÑA


Coincidindo co quinto aniversario da nosa Biblioteca, presentamos un novo personaxe. 

Foi unha celebración sinxela pero emotiva. Frianciño presentounos a unha nova amiga: Cunquiña. Con ela imos tentar recuperar, este curso, parte da nosa sabedoría popular. Aquí tendes a proposta de traballo que seguimos.

Agora, todas as clases estamos ilustrando de xeito colectivo o conto de Cunquiña. En canto o teñamos, darémovolo a coñecer.

Ademais, nos últimos días estivemos a traballar para mellorar a organización da nosa Biblioteca: facendo un grande expurgo, reorganizando os andeis e clarificando a sinalización. Frianciño tamén ten deixado a súa pegada para organizar mellor o empréstito.


O noso lar progresa sen pausa, paseniñamente.

No hay comentarios: