GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 28 de octubre de 2012

ENCHENDO A CUNCA DA SABEDORÍA



Queredes, entre todos, encher a Cunca da Sabedoría?

O vento baleirou a nosa Cunquiña, e agora tócanos a nós enchela. Por iso propómosvos esta actividade. 

Trátase de falar, e, sobre todo, de escoitar. Todos temos uns pais, uns avós ou uns veciños que teñen boa memoria e lembran moitas historias e anécdotas da súa nenez. Fáinolas chegar. 

Como...? Pois tes dúas opcións: 
  • podes gravar as súas palabras e enviarnos o arquivo a través do correo electrónico; 
  • se te é máis cómodo, podes escribirnos todo e achegárnolo tamén por correo electrónico. 
friancinhojones@gmail.com

Para darvos ideas, déixovos varias parrafadas da Señora Olga. Na primeira fala dos traballos que, nas terras de labranza, se facían no Outono



Neste outro podcast a Señora Olga fala dalgunhas tradicións propias do mes de novembro.



Un dos grandes intres do mes de novembro é a matanza. Aquí a Señora Olga lembra como se elaboraban os produtos derivados do porco



E agora tócavos a vós. Seguro que na vosa zona facíase doutro xeito. Ou talvez podedes completar a información con novas lembranzas. 

Colaborade para encher a Cunca da Sabedoría!


No hay comentarios: