A nosa última pregunta quincenal era: A min sábeme a...
En primeiro lugar, temos que vos felicitar. Se na primeira pregunta respostastes 40 persoas, na segunda fostes 54. Isto vaise incrementando!
E como temos que ler de todo, incluso estatísticas, achégovos a comparativa da vosa participación. Seguro que sodes quen de aprender a interpretalas.
Como vedes, as respostas son moitas e non resulta doado transcribilas todas aquí.
Facendo unha análise, podemos dicir que, nunha grande medida, a lingua sábevos a Tradición:
- Ás filloas caseiras. (Estevo Rodríguez Gallego - 6º B)
- A min sábeme a cocido porque é un prato tradicional galego e está boísimo. (Ángela Alonso González - 6º B)
- Para mín, a lingua sabe a polbo. (Lucas Amoedo Rodríguez - 5º A)
- A pan de millo recén feito. (Claudia Perez de Lis Redondo - 1º B)
Segundo as vosas respostas, a Lingua tamén é sinónimo de Frescura, de Froita Fresca e de Xeados:
- A min sábeme a auga fresca e fría. (Bogdan Boros - 5º B)
- A mín sábeme a gloria, a gloria fresca. (Maria Tellado Muiños - 5º B)
- A lingua é exquisita como a froita, a froita fresca. (Ares Rodríguez Rodríguez - 5º B)
- A mín sábeme a moras porque para mín é a mellor froita. (Gabriel Fontenla Alonso - 6º B)
- Eu creo que a lingua sabe a noces recén collidas. (Laura Martín Fernández - 5º B)
- A mín a lingua sábeme a castañas recén feitas. (Silvia Mete Vázquez - 5º B)
- É un sabor moi parecido ás framboesas. (Inés Machado Cruz - 5º B)
- Eu a compararía co sabor da sandía en verán. (Nieves Rodríguez Salvador - 5º A)
- A xeados (de chocolate, de limón, de amorodo, de vainilla...). (Varias respostas).
- A lingua sábeme a lambonadas porque doce é o sabor que me queda cando me arrolan nela. (Lucia Alonso Gonzalez - 4º A).
- Pois a min sábeme a chocolate e máis a gusanitos, pois ambas as dúas cousas gústanme moito. (Sandra Alperi Alonso - 2º A)
- A mín sábeme ao sabor doce do pastel. (Gael Alonso Moreno - 5º A)
- A lingua pode saber aos biscoitos esponxosos e doces. (Ivan Calvo Álvarez - 5º A)
Como vedes, todas son respostas ben fermosas.
Grazas por participar, e... preparados para contestar á seguinte cuestión!


No hay comentarios:
Publicar un comentario