O Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day) é un evento
anual que se leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral
de Nacións Unidas do 15 de decembro de
1972.
O
Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as
Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio Ambiente implicando ás persoas nos temas ambientais, motivándoas
para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e
equitativo, promovendo o papel fundamental das comunidades no cambio de
actitude hacia estes temas e fomentando a cooperación, que garantirá
que todas as nacións e persoas disfruten dun futuro máis próspero e
seguro.
Por iso, dende a nosa biblioteca, facémosvos unha proposta de traballo durante toda esta semana, accedendo a este Glogster, elaborado pola profe Luz Salvador, onde podedes atopar dende información sobre este día ata cancións nas tres linguas, fomentando o respecto polo Medio Ambiente, o reciclado e a conservación do noso Entorno; un LIM elaborado polo noso profe Victorio Blanco sobre os Ecosistemas e unha variedade de xogos en liña para afianzar todas estas boas actitudes de respecto.
1 comentario:
Pero que bonito!!!!!!!!!!!! Moi ben!!
Publicar un comentario