GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 13 de junio de 2012

LER É IMPORTANTE... UNHA REFLEXIÓN DENDE 6ª B

 
Eu son o mundo, e o mundo son eu
xa que grazas aos meus libros podo ser o que eu quera.
Palabras e debuxos, prosa e verso
móvenme aos sitios, que están cerca e á vez lonxe.
Na terra dos sultáns e de ouro,
mil historias que falan sobre todo
de alfombras voadoras, xenios de lámpadas maravillosas,
ogresas e simbades, cóntanlle os seus segredos a Sherezade.
Con cada verba de cada páxina,
viaxo a través do espazo e do tempo.
E sobre as ás da fantasía,
o meu espíritu atravesa terra e mar.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro sempre estaré
na mellor das compañías.



A lectura sempre estivo moi cerca de nós, mesmo cando eramos bebés, a través das cancións de berce: estas son a primeira maneira de comunicación ca palabra.

Logo chegaron as rimas, os contos para durmir, as adiviñas, os trabalinguas, os chistes, etc. Pero sempre as palabras foron as que axudaron ás emocións e á necesidade de achegamento, de comunicación, de transmitir "cousas" que, ás veces, van máis alá das  propias palabras. Aqueles primeiros libros que gardaban historias que queriamos escoitar unha e mil veces, sen cansarnos de oílas e  lelas, adiviñando os misterios que  agochaban as letras, as imaxes, o tono de voz da avoa, a mirada, os xestos, os silencios e un sen fin de sorprendentes detalles.

Todo esto e moito máis... é a importancia que ten a lectura para nós

Agora  mirade a presentación que fixemos os alumnos e alumnas de 6ºB co cadro de Picasso Dúas rapazas, no que ambas as dúas están compartindo un libro.



1 comentario:

Frianciño dijo...

Con estes comentarios tan fermosos, só podo dicir... pagou a pena esta andaina xuntos durante cinco anos! E... aínda que levantedes o voo do niño, non deixedes de me atopar entre as páxinas dun novo libro.
Apertas e feliz voo.